A CONTORNA DA PRAZA DE GALICIA ABRE AO TRÁFICO PERO COMOZONA PRIORITARIA PARA O PEÓN E VELOCIDADE LIMITADA A 10QUILÓMETROS POR HORA.

 Os peóns terán sempre preferencia e non se marcarán pasos, seguindo
o modelo aplicado en zonas como a Praza da Feira.

Minutos antes de que o reloxo marcase a chegada do
mediodía, e dúas horas antes do inicialmente previsto, a Policía Local da Estrada abría
ao tráfico a contorna da Praza de Galicia. Os vehículos poden circular xa polas rúas 56,
San Paio e Pérez Viondi. Con todo, dende esta unidade policial púxose o acento na
importancia de que a veciñanza sexa coñecedora de que esta é unha zona peonil na que
está permitida a circulación polas vías citadas.
O feito de que a Praza de Galicia sexa zona peonil comporta que nestes tramos das vías
situadas na contorna a prioridade sexa sempre dos viandantes, que poderán atravesar
a calzada por calquera punto, sen necesidade de paso de peóns. A velocidade dos
vehículos que conflúan nesta centro neurálxico para conectar con Pérez Viondi,
Peregrina, San Paio ou a propia Praza de Galicia dende a Rúa 56 estará limitada a 10
quilómetros por hora.
Para advertir aos cidadáns desta prioridade dos peóns está tamén a sinalización
horizontal, onde claramente se expresa que esta é unha zona peonil. No caso da Praza
de Galicia o Concello seguiu a mesma filosofía e modelo aplicadas noutras zonas da
capital estradense, caso da Praza da Feira.

 

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.