O xurado quixo destacar neste álbum ilustrado a súa “capacidade para
poñer no centro o folclore galego, facendo protagonista ao Gatipedro”.
“Rescata elementos da tradición oral galega para contar unha historia
tenra, envolta nun mundo de ensoñación, contada cunha linguaxe
propia”, sinalan.
Á presente edición do certame presentáronse 18 traballos.
“Paio e o Gatipedro”. É o título da obra gañadora da
sexta edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. O xurado encargado de fallar
este galardón literario, promovido polo Concello da Estrada, escolleu por unanimidade
esta mañá a peza presentada por Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado de
entre as 18 obras que se presentaron ao certame nesta convocatoria.
Todos estes títulos estiveron sobre a mesa nunha reunión que arrancou ás 11.00 horas
no consistorio estradense. O xurado estivo conformado por Paula Carballeira Cabana,
Mariano Casas Gil, Sara Valcárcel Maceira, Armando Requeixo Cuba e Rosa María
Herraiz Cabanas, exercendo como secretaria.
Despois de valorar os orixinais presentados e de levar a cabo distintas seleccións e
contraste de opinións, decidiron por unanimidade conceder o Premio Alberte Quiñoi á
obra que se presentou baixo o pseudónimo “Roquets”. Unha vez aberta a plica, esta
resultou ser da autoría de Milagros Torrado Cespón (autora do texto e do Barbanza) e
Laura Pérez Delgado (ilustradora madrileña). Como queda avanzado, a obra será titulada
“Paio e o Gatipedro”.
O xurado quixo destacar neste álbum ilustrado a súa “capacidade para poñer no centro
o folclore galego, facendo protagonista ao Gatipedro”. “Rescata elementos da tradición
oral galega para contar unha historia tenra, envolta nun mundo de ensoñación, contada
cunha linguaxe propia”.
Sinalan tamén que a peza, que leva no título o nome do patrón estradense e ten unha
historia moi tenra detrás, está especialmente dirixida aos máis pequenos, “pensada para
compartir en familia, arroupando os afectos”. Destacaron asemade a súa estética
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
coidada, “cunha excelente paleta de cor, na que historia e imaxe camiñan da man”.
“Unha proposta que nos convida a soñar e acompañar a Paio na súa procura”, rematan.
Logo do fallo do xurado, a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, foi a encargada de
comunicarlle ás gañadoras a resolución.
A participación deste ano foi moi elevada, sinalando ao remate da reunión a gran
competencia que houbo pola elevada calidade das candidaturas.
O álbum gañador será publicado nos vindeiros meses pola Editoral Galaxia. A maiores,
o premio conta cunha dotación económica de 4.000 euros.







































