MARCÍA CHAO CARRACEDO-
Dous fillos: Pepe e Fina da Abeleira.-Tres netos: José Manuel, Roberto e Óscar.-Tres bisnetos: Ana, Pedro e Mateo.-Naceu un 13 de abril (cumpre o luns) de 1926. É natural da Somoza. Alí era María da Carballeira. Casou en Tabeirós e pasou a ser María da Abeleira.-Está moi ben fisca e congnitivamente. Camiña axudada de dous bastóns porque sufriu hai anos unha caída e o xeonllo leva anos resentido.-Un dos seus “segredos de saúde” é que toma un cervexa diaria. Tamén bebe viño, pero sempre feito na casa. Clarete do país. Antes era ela mesma quen o facía e agora aínda supervisa a elaboración.-Pasea pola eira a diario.-Gústalle ver a televisión e non perdoa ver o telexornal e o tempo, pero o que máis lle gusta é conversar. Nunca lle escoitarás contarche un problema nin falar mal de ninguén.-Seu pai era madeireiro (onda Correos). Foron 9 irmáns. Ela traballou toda vida como labrega, coidando a casa e coidando tamén a súa sogra, que botou tres anos e medio encamada.
GALERÍA:















































