O CONCELLO RENOVA TODAS AS PONTES E PASARELAS QUEFACILITAN O PASEO POLA CONTORNA DA FERVENZA DE CALLOBRE

 O paso do tempo e a acción da auga sobre a madeira deterioraran as
estruturas instaladas hai unha década por un Obradoiro de Emprego.
 O Concello atende a petición veciñal e asume a renovación con fondos
propios, buscando mellorar o estado deste importante recurso turístico
do municipio.
 As sendas constrúen unha ruta curta, salpicada de muíños, pasarelas e
un salto de agua de case 10 metros de altura.

A paisaxe que conforman os distintos ríos e regatos que
bañan as terras da Estrada constitúe un importante referente para a promoción turística
deste municipio de Tabeirós-Terra de Montes. Dentro desta estampa, fervenzas como a
da parroquia de Callobre son un reclamo importante para os visitantes e unha paraxe
idónea para o esparexemento da veciñanza. En consecuencia, o Concello da Estrada vén
de realizar unha importante actualización e mellora na contorna da Fervenza de
Callobre, na que hai unha década se creou unha senda fluvial salpicada de pontes.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, informou hoxe que que o Concello renovou,
con fondos propios, todas as instalacións que había ao longo dunha senda potenciada,
en 2015, a través do plan de obra dun Obradoiro de Emprego. “Necesitaba unha mellora
importante e, para iso, dende o Concello renovamos todas as instalacións que había”,
resumiu o rexedor local. Indicou que había pontes que estaban en mal estado,
deterioradas polo paso do tempo e tamén pola acción da auga na madeira.
O alcalde explicou que os veciños deron traslado da petición de renovación destes
elementos, garantindo que a ruta se volva moito máis accesible. Louzao aproveitou a
ocasión para facer un chamamento para que estradenses e visitantes percorran esta
fermosa paraxe natural pintada polo río Curantes, completamente actualizada xa e
coroada polo importante salto de auga que bautiza a contorna como Fervenza de
Callobre.
O paseo arranca nesta parroquia da Estrada nas proximidades do castro de Callobre,
antigo poboado castrexo da Idade de Ferro rodeado por una gran cantidade de carballos

e situado a 250 metros de altitude. É un percorrido pequeno, que se pode facer cara a
parte alta da fervenza ou chegando ao pé da mesma. O salto aproxímase aos 10 metros
de altura e o paseo propón camiñar entre carballos e piñeiros, con diversos muíños e a
través de pasarelas de madeira que facilitan o percorrido ata o miradoiro da fervenza.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.