O prorama CONVIVE.COMigo procura persoas ou familias dispostas
a convivir temporalmente con adolescentes que, por sentencia xudicial,
teñen que convivir con outro grupo familiar distinto ao seu.
A proposta vai máis alá dunha alternativa residencial: aposta por xerar
contornas de convivencia estables, próximas e normalizadas nun
momento especialmente delicado da vida destes mozos e mozas.
A Estrada ten xa experiencia neste tipo de acollemento.
A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar
Cora, vén de manter unha reunión con Eva Piñeiro, en representación da Asociación
Arela, co obxectivo de reforzar a colaboración institucional na difusión do programa
CONVIVE.COMigo na contorna estradense. No marco deste encontro, a asociación fixo
un chamamento a persoas con sensibilidade social, estabilidade e disposición para
implicarse nunha experiencia de acollemento temporal.
En concreto, o CONVIVE.COMigo é unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia que
busca persoas e familias dispostas a convivir temporalmente con adolescentes que, por
resolución xudicial, teñen que convivir con outro grupo familiar distinto ao seu. A
proposta vai máis alá dunha alternativa residencial: aposta por xerar contornas de
convivencia estables, próximas e normalizadas nun momento especialmente delicado
da vida destes mozos e mozas.
Segundo explican desde Areal, o obxectivo é claro: que a experiencia de vivir nun fogar
se converta nun espazo real de aprendizaxe vital, capaz de marcar un antes e un despois
na súa traxectoria. Este entorno de socialización positivo, aportado polas
familias/persoas acolledoras, aporta novos referentes e oportunidade de xerar novos
vínculos e aprendizaxes.
A representante da asociación explicou que, para facer posible este obxectivo, o
programa garante ás persoas e familias participantes unha formación e valoración
previa; acompañamento continuo por parte dun equipo profesional especializado e
unha compensación económica que facilita asumir este compromiso temporal.
Amalia Goldar valorou hoxe o traballo que vén realizando Arela e destacou como este
tipo de programas de acollemento temporal teñen espertando a colaboración de
familias da Estrada, sensibles coa situación delicada que atravesan estes menores.
De feito, esta non é a primeira vez que Arela desenvolve unha campaña de difusión no
territorio estradense. En campañas anteriores deste programa de acollemento temporal
varias familias deron o paso de formar parte desta iniciativa durante anos. É por iso que
a asociación agarda que desta volta a campaña volva ter unha boa acollida.
Para contactar co programa e solicitar máis información pódese enviar correo a
convive@arela.org ou chamar ó teléfono 604 038 672




































