SESIÓN INFORMATIVA SOBRE A REGULARIZACIÓN EXTRAORDINARIA

O salón de plenos do Concello da A Estrada acolleu
esta mañá unha sesión informativa sobre o proceso de regularización extraordinaria de
persoas estranxeiras, impulsado en colaboración coa área de asesoría xurídica da ONG
Movemento pola Paz. Neste encontro os asistentes foron informados sobre que sucede
despois da concesión desta regularización: cales serían os seguintes pasos, que teñen
que facer e como renovar no futuro a súa autorización de residencia.
Unha vez chegada a resolución favorable, as persoas interesadas teñen que obter a
tarxeta de identidade estranxeiros, comezar a traballar ou inscribirse como
demandantes de emprego, realizar cursos de formación e realizar, a poder ser, un curso
de galego ou introdución á cultura galega.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.