O CONCELLO PECHA A TEMPADA NA PRAIA FLUVIAL, COA PREVISIÓNDE LICITAR ESTE ANO A REFORMA E DE QUE COMECE O 2027 EN OBRAS

 A mellora deste espazo suporá un investimento de máis de 1,5 millóns de
euros, financiados a tres bandas: Deputación, Xunta de Galicia e
Concello da Estrada.
 A achega municipal situarase nos 70.000 euros, sendo a institución
provincial a que aporte 1,1 millóns.
 As comportas quedan hoxe abertas no Liñares e xa se colocou a
cartelaría que prohibe o acceso a este espazo

O arranque do mes de outubro supuxo o peche da
tempada estival na praia fluvial de Porta Pousada. O Concello abrirá hoxe as comportas
que se instalan cada verán no leito do Liñares para que o nivel do río permita o baño e
a primeira hora quedou colocada nas entradas do recinto a cartelaría que prohibe o
acceso, de maneira que espazo está oficialmente pechado ao público. Porén, este ano
faino cun horizonte diferente. Nestes últimos meses de 2026 lanzarase a licitación para
unha reforma e mellora integral desta praia fluvial, coa previsión de que inicie o 2027
en obras.
Deste xeito, o Concello traballa para que no último trimestre deste ano poida realizarse
a licitación dunhas obras que terán un orzamento superior a 1,5 millóns de euros. Serán
financiados a tres bandas: Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Concello da
Estrada. A institución provincial achegará a maior contía a través do seu Plan Extra,
superando o millón de euros. A cantidade restante chegará da administración
autonómica, correspondendo ao Concello investir pouco máis de 70.000 euros.
A praia fluvial de Liñares estará xa en obras no arranque do novo exercicio. O obxectivo
destes traballos é executar unha ambiciosa actuación na praia, na que convivan a aposta
polo valor medioambiental do recinto e a importancia que as contornas fluviais teñen
na Estrada, xunto cunha acción que incremente o seu peso como recurso de atracción
turística nun concello do interior como é A Estrada.
Son tres as zonas básicas que van marcar a ordenación deste ámbito. O primeiro deles
sería o borde fluvial, contemplando os usos da praia e a conservación da vexetación da
ribeira. O segundo serían as áreas arboradas, nas que conflúen os diferentes usos
recreativos, sociais e culturais, caso do espazo de xogo infantil, a zona de mesas ou os
paseos. En terceiro lugar estarían os elementos construtivos: as terrazas, bar,
restaurante e almacén, todos eles situados nun nivel topográfico superior, por encima
da cota da ponte e afastados da zona inundable.
Deste xeito, o proxecto que se presente terá que recoller actuacións en todos estes
puntos, buscando conxugar unha mellora de toda a ampla zona verde e de valorización
do marco fluvial co interese de facer atractiva e rendible a parte destinada aos servizos
de hostalería.
A praia fluvial de Liñares ten garantido o acceso público para goce e esparexemento do
conxunto da cidadanía ata o ano 2075, no marco da ampliación a 50 anos da cesión de
uso acordada polo Concello da Estrada coa Sociedade Deportiva Río Ulla.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.