Este fin de semana dispútanse 2 encontros da liga galega de fútbol gaélico na Estrada

Cartaz A EstradaO Sábado 27 as 20:15h. no Manuel Regueiro de Figueiroa, IRMANDINHOS A ESTRADA vs ESTRELA VERMELHA DE COMPOSTELA.

O Sábado 27 as 21.30h. no Manuel Regueiro de Figueiroa, IRMANDINHAS A ESTRADA vs ESTRELA VERMELHA DE COMPOSTELA.

O Sábado 27 as 15:00h. no campo da Torre da Coruña, ÁRTABRAS DE OLEIROS vs BRAITHREACHAS A ESTRADA

Terceiro tempo Na cafetería Mimela as 23h. ESTADES TODOS CONVIDADOS.

LOGO MIMELA 300Esta é a última oportunidade dos equipos de A Estrada para engancharse á liga e non dar todo por perdido.

Para este encontro Irmandinhos precisa da súa afección.

Está vai ser unha xornada intensa na que Fillas de Breogán e Ártabros defenden os seus
liderados, as breoganeiras reciben as Mecas d’Ogrove nun partido que de gañar achegaríaas un chanzo máis ao título de campioas de liga galega.

Cartaz A CoruñaOs Ártabros reciben aos Herdeiros De Dhais F.G. nunha recta final de liga na segunda división que promete ser apaixoante e na que os corvos queren aferrarse á primeira praza con todas as súas forza e así facerse co campionato de segunda e ascender de xeito directo á primeira división da Liga Galega Masculina.

Tamén nesta xornada e xa con obxectivo mais modestos pero non menos importantes os Fillos reciben aos Mecos FG nun partido pola loita pola terceira praza do campionato mentres Ártabras queren certificar a súa melloría coa que sería a segunda vitoria das oleirenses na Liga, para elo terán que vencer a unhas sempre competitivas Braithreachas dos Irmandinhos A Estrada.

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta