Dende hoxe xa están á venda as entradas do espectáculo do «Tonecho» Roberto Vilar «A CABEZA NON PARA», que terá lugar no Teatro Principal da vila o vindeiro sábado ás 21.00 h. O espectáculo, que inicia na Estrada unha xira por toda Galicia, é unha réplica teatral do programa televisivo da TVG «Land Rober»; polo que as gargalladas están practicamente aseguradas.
As entradas, que teñen un prezo de 4,00€, poderán mercarse anticipadamente no Departamento de Cultura do Concello da Estrada.
Deixámosvos aquí o enlace ao Vídeo Promocional do espectáculo.
Por outra banda, dicirvos que xa se despacharon as primeiras 100 localidades para o concerto do cantautor Xoel López, que se celebrará o día 13 de abril ás 22.00 h no Teatro Principal. As entradas poden mercarse ao prezo de 10,00€ no Departamento de Cultura do Concello ou na plataforma de pago www.teatro.aestrada.com.
Redacción: Departamento de Cultura






































