A compañía de teatro Bandullo Azul, conformada polos actores estradenses Fran Campos e Fran Ameixeiras, recalará este venres e sábado no Teatro Principal coa representación da obra «A Verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres». Tratase dunha comedia, que baixo a dirección de Evaristo Calvo pretende chegar ao público a través da linguaxe xestual e clown. Os pases terán un aforo limitado ao situar ó público no propio escenario para que non se perdan ningún detalle da representación.
O prezo das entradas é de 5€ e pódense adquirir na billeteira do teatro antes de cada función.
Gravación e Redacción: Iria Eiras






































