Barallan varias opcións para mellorar a seguridade escolar do colexio Manuel Villar Paramá

02Nos pasados días reuníronse no entorno ao centro escolar de Souto de Vea membros da ANPA, condutores de autocares escolares, un técnico da Xunta e a concelleira de educación, Amalia Goldar, para tentar buscar solución ao problema de que parte dos escolares teñan que apearse dos autocares na marxe da estrada. Sobre o terreo barallaron varias opcións como acondicionar a zona frontal do centro, zona verde, para que poidan entrar os autocares a deixar aos rapaces. Outra opción podería ser empregar o aparcamento dos mestres con este fin. Todas as ideas que alí falaron están sendo estudadas polos técnicos para ver a súa viabilidade e custos e tentar solucionar o problema na maior brevidade posible.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta