O alcalde José Lopez é o responsable deste novo vertido ao non ter feito nada para evitalo. Nin realizou reformas na EDAR que impidan a saída de lodos sen tratar nin estableceu barreiras de control ou contención.
No é o único foco de vertidos, nas proximidades da praia fluvial podía verse a semana pasada un vertido procedente da rede de saneamento directamente ás augas do río .
Os socialistas da Estrada denunciamos un novo vertido da depuradora municipal as augas do Río Liñares. Unha vez máis o inadecuado funcionamento da planta depuradora de augas residuais do Concello da Estrada – EDAR, deixa lodos sen tratar procedentes do saneamento municipal do casco urbano esparexidos polo río e un forte cheiro nas inmediacións. A acumulación destes lodos e os cheiros na balsa de incorporación das augas procedentes da EDAR na súa unión ao caudal do río que emprega a minicentral eléctrica de Barbude, resulta facilmente detectable e visible.
“O responsable directo desta nova contaminación ao río é o alcalde, posto que sendo coñecedor dos problemas de mal funcionamento da estación depuradoda non puxo en marcha ningunha medida para evitalo” afirmou a portavoz socialista Belén Louzao. “O alcalde José López comunicaba fai 15 días que estaba buscando empresa para comezar as obras de mellora, pero a vista está que non se ten mellorado nada na EDAR e o que é peor, que non se teñen establecido medidas de prevención contra vertidos”
Despois dos episodios contaminantes acontecidos a comezos de ano os socialistas pedimos a inplementación de medidas a curto prazo para evitar este tipo de suceso, tales como a instalación de barreiras anticontaminación; a dotación dunha partida orzamentaria nos presupostos de 2017 para arranxar a depuradora; e a realización de limpeza de lodos do río. O alcalde non puxo en marcha ningunha destas medidas, limitouse a dicir que con 10.000 de Augas de Galicia ía solucionar o problema e vemos como medio ano despois os problemas seguen sen arranxar e as obras prometidas de mellora da EDAR non se teñen realizado.
Outros vertidos localizados na Estrada
Éste non é o único punto no que se teñen localizado puntos de vertido procedentes do saneamento municipal: en Liñares, preto da praia fluvial; na avda. Benito Vigo á altura da discoteca Lennon,… “Son vertido localizados que o Concello coñece é que lonxe arranxalos mira para outro lado. Na semana pasada podía verse outra vez a saída de augas contaminadas na localización do vertido de Liñares, os cheiros e a presenza de restos procedentes do alcantarillado son frecuentes nestes puntos de vertido, e a pesares de ser coñecedor do problema o alcalde José López sigue sen poñer solución, non destina ni un so euro do orzamento municipal a solucionar estes problemas.







































