O PAPEL DE KILLER DOMINGUERO DO SR CONSTENLA AMOSA AS PRÉSAS DO GRUPO DE GOBERNO POR PECHAR UN ASUNTO DOS CONTRATOS DO CONCELLO COAS EMPRESAS DO COORDIANDOR DE PROTECCIÓN CIVIL

O Goberno local do PP fai uso partidista da institución municipal.

 

Atrancos á oposición para acceder á información.

 

 

É unha magoa que o PP entenda que o Concello da Estrada e o seu ‘cortijo’ particular e se gabe de facer un uso partidista da institución municipal”, comentou a portavoz socialista en alusión á presentación e “posta en escena que o tenente de alcalde Juan Constenla fixo o fin de semana ante os medios de comunicación para dar a coñecer a existencia dun informe da secretaría municipal no que segundo as o criterio do PP se refrenda que o Concello contrate servicios municipais coas empresas do traballador municipal Carlos Failde”.

 

O papel de “killer dominguero” que tentou facer o Sr. Constenla tentando pechar e fixar conclusións sobre un informe ao que só o PP local tivo acceso -a pesares de que foi pedido polo grupo socialista no pleno do 5 de xullo- demostra que o grupo de goberno pretende unha vez máis impoñer a súa propia sentencia final. A pesares de que o Sr. Constenla posuía o informe o venres, 3 días despois, hoxe luns, á 1 da tarde inda non deran traslado do mesmo.

 

Dende o grupo socialista insistimos na necesidade de investigar o caso concreto das contratacións das empresas do traballador municipal, que nos consta que máis alá de 2014 continuaron a contratar e subcontrar co Concello da Estrada -como demostramos no pleno pasado-, e deixar de ampararse en informes xenéricos sobre a interpretación da lei. Un medio de comunicación de ámbito nacional realizou unhas denuncias públicas sobre fraude na contratación no Concello da Estrada, e é iso o que debe dirimirse, non falar do sexo do anxos.

 

Dime de que presumes e direiche de que careces -refrán popular-.

“O Sr. Constenla vive no seu mundo particular no referente á transparencia do grupo de goberno e accesibilidade á información. Convocar comisións sen dar acceso á documentación do expediente a debatir, entregar os informes de secretaría na propia comisión ou 5 minutos antes do pleno non é dar acceso á oposición como “perico por su casa”, se non todo o contrario é poñer atrancos para que poidamos realizar a nosa función de fiscalización da labor do goberno”. Os atrancos para que a oposición consiga información municipal é algo que ven facendo o goberno local dende o inicio, polo tanto non pedimos máis que que cumpra coa lexislación vixente. Lembrámoslle que o grupo municipal do PSOE ten solicitado, por rexistro de entrada, información e meses despois inda seguimos agardando que se nos remita. “Lamentamos que ao Sr. Constenla e ao PP local non lle guste que dende a oposición se demostre e saque a público como é a súa xestión municipal, inda que son perfectamente conscientes que estas funcións forman parte da función de control da oposición. “Se o Sr. Constenla non o sabe que pregunte ao seu xefe que ten experiencia”

Grupo Municipal Socialista

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta