Nos pasados días a directora do CEIP do Foxo, Rosa Ferreira, acompañada da presidenta da ANPA, Eladía Gañete, e da concelleira de Educación, Amalia Goldar, presentaban o programa da próxima edición da Festa dos Pereiriños que terá lugar este domingo en Curantes, na carballeira de Pousada.
Rosa Ferreira relátanos os orixes da festa a comezos do século XX na que se reunían os rapaces das cinco escolas unitarias da zona, Partemarín, Lamas, Rubín, Olives e Curantes. Fai uns anos foi recuperada por Marisé García, Olimpio Arca e Valentín García e actualmente encargase da organización o CEIP do Foxo en colaboración co concello de A Estrada, a ANPA Alecrín, a agrupación folclórica Abrente e a Fundación Cultural.
O programa desta edición é o seguinte:
11:30 horas: Bombas de palenque, actuación da agrupación Folclórica Abrente, inauguración de exposicións e xogos tradicionais organizados pola ANPA Alecrín.
13:00 horas: Presentación a cargo de Xosé Neira Vilas de “A ra que perdeu o charco” de Anisia Miranda (Edicións Fervenza)
13:15 horas: Pregón a cargo de Gonzalo Valcárcel
14:30 horas: Xantar de Confraternidade
16:30 horas: Actuacións escolares:
– Conto escenificado “Quen pasou por aquí?” (3 a 4 anos)
– Conto escenificado “A tartaruga que quería durmir” (5 anos)
– Recitado de poemas de Rosalía Morlán (1º e 2º)
– Representación da peza teatral “Gallaecia” (3º e 4ª)
– Mimo (5º)
– Son unha pun (6º)
– O autobús (6º)
Fotografía: Mariana Dono
Gravación e Redacción: Iria Eiras






































