Xornadas de Amizade e Letras dos Clubes de Lectura do IES Nº1 no Recreo Cultural de A Estrada.

01O pasado martes nas instalacións do Recreo Cultural de A Estrada tivo lugar unha XORNADA DE AMIZADE E LETRAS que levaron a cabo os CLUBES DE LECTURA do IES Nº1. Un dos Clubes estivo centrado na literatura cinematográfica, outro na narrativa e un terceiro adicado ao Teatro (centrándose este na figura de Roberto Vidal Bolaño e así asemade na creación dunha obra de teatro propia titulada VOCES A CAMBIO DE SINTONÍAS).

O PROGRAMA DESTA XORNADA foi:

1)    Con PAN A LETRA TAMÉN VAI ( xantar de amizade)

2)    “ A SABER” ( Informe de cada Clube de Lectura)

3)    “ PARA NON CAER NA RUTINA” ( VALORACIÓNS DOS CLUBES E ASEMADE PROPOSTAS DE MELLORA PARA O NOVO CURSO.

4)    AGASALLOS DE AFECTOS E RECOÑECEMENTO

Os Clubes de Lectura estiveron organizados polo equipo da Biblioteca do IES e así polas profesoras Beatriz Quintela e Pilar Bernardez. O Equipo de Normalización Lingüística, coordenado por David Otero, colaborou tamén nesta proposta que hoxe termina a súa andadura para o Curso 2012-13.

Fotografías: Mariana Dono

Redacción: IES Nº1

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta