A Estrada da a benvida unha vez máis ao “Outono no Principal”

O concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, presentou hoxe na Sala de Xuntas do Consistorio a programación cultural planificada para o “Outono no Principal 2018”, que contará con 25 actuacións dende setembro ata finais de decembro.

Esta cifra ascende ata arredor dos 40 eventos cando se inclúen tamén os que terán lugar nas parroquias, nun esforzo do Concello co que “se tenta que a vila estea á altura das expectativas da cidadanía” en canto á oferta cultural, sinalou o concelleiro.

As actuacións foron elixidas tendo en consideración a todos os públicos, aínda que se puxo especial interese á hora de escoller a axenda infantil, na que terán un lugar destacado os musicais Naviland   Monster Rock, e na que repetirá, por aclamación popular, Os tres porquiños.

Esta tempada cultural comezará de forma oficial da man dun dos diversos grupos de artistas estradenses que se dan cita nesta XIV edición; o Teleclube da comedia dará o disparo de saída o vindeiro sábado 22 de setembro na parroquia de Orazo.

O Principal recibirá este ano a visita de destacados artistas do panorama nacional, tales como Pepe Viyuela, que porá en escea un espectáculo clown, e Luis Piedrahita, para cuxo monólogo, Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, xa están vendidas a metade das entradas.

Constenla incidiu no feito de que é preciso pasar polo departamento de Cultura do Concello para recoller as invitacións para as actuacións de balde que vaian a interpretarse no Teatro Principal, por cuestións de aforo e finalizou a súa intervención sinalando que o obxectivo dende Cultura é que os estradenses queden seducidos por un ou outro evento, ademais de facer accesibles os espectáculos ao público e ampliar a “oferta cultural, xa extensa, coa que conta a vila”.

OUTONO NO PRINCIPAL

Programa cultural A Estrada 2018

 

SETEMBRO

 

A CASA DO TERROR

           Xoán Curiel + A Banda Son + d2

 

DÍA: Venres 28

HORA: 20.00 h

LUGAR: Alameda municipal (en caso de chuvia no Teatro)

XÉNERO: Concerto pop

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Público infantil (6-12 anos)

LINGUA: Galego

ENTRADA: De balde

 

            A casa do terror é un libro disco editado por Galaxia que se transformou, da man do   programa de                 dinamización lingüística Fala Redes, nun espectáculo terrorificamente                divertido. Conta a historia dun       grupo de amigos que se ve obrigado a pasar a noite nun             castelo encantado. Unha historia chea de risos e sustos que se desenvolve a través de    cancións, bandas, xogos de clown e teatralizacións nas          que os máis cativos participan activamente.

 

MAR ADIANTE  

                       Odaiko

 

DÍA: Domingo 30

HORA: 18.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO:  Títeres, ritmo e percusión

DURACIÓN: 55 min

CATALOGACIÓN: Familiar

LINGUA: Galego

ENTRADA: De balde (recollida de convites no Departamento de Cultura)

 

Este espectáculo, incluído no programa Ano da lingua da Deputación de Pontevedra,      súmase ás celebracións das Letras Galegas facendo unha adaptación teatral do libro de M.ª              Victoria Moreno Mar adiante. Un espectáculo que mestura cantigas e música, danza e              marionetas nunha singular travesía na que navegaremos rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nesta historia que               recrea o conto de Crarisca e Luceiro.

 OUTUBRO

 

       SEÑORA QUE PASEA POLA RÚA CON DOUS CANS   PRECIOSOS

           Matriohska Teatro

 

DÍA: Venres 5

HORA: 21.00 h

XÉNERO: Teatro contemporáneo

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Adultos

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada no Departamento de Cultura)

 

Chelo do Rejo, Anabell Gago e Lorena Conde fan nesta montaxe un percorrido pola vida e            obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora comprometida, mestra apaixonada, e          pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Señora que pasea pola rúa con dous     cans preciosos revela estados de ánimo, universos de imaxes e letras, de mulleres que    viaxan a contracorrente e de accións e camiños por camiñar.

           

 

       OS TRES PORQUIÑOS

             Educa Teatro

          DÍA:  Sábado 6

HORA: 17.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Musical infantil

DURACIÓN: 50 min

CATALOGACIÓN: Público familiar

LINGUA: Galego

ENTRADA: 6,00 € (Entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)

 

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un      lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas          casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar? A resposta a todos         estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na historia que vai         construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na             procura dos seus porquiños preferidos.

 

    PLAN SIBERIA EN CONCERTO

      

           DÍA: Domingo 21

HORA: 19.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Concerto indie

DURACIÓN: 75 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00€ (entrada anticipada no Departamento de Cultura)

 

Gañador por segundo ano da Canción do verán da TVG, Gabriel Estrada, fundador e             compoñente de Plan Siberia, presentará no Teatro Principal as cancións do seu novo             traballo discográfico, un traballo composto por cancións, frescas, pegadizas e de             estilo indie.

 

 

    LA ZANJA

    Titzina Teatre (Barcelona)

            

DÍA: Sábado 27

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Teatro contemporáneo

CATALOGACIÓN: Público adulto

DURACIÓN: 90 min

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 5,00 € (entrada anticipada no Departamento de Cultura)

 

         La zanja, é a quinta proposta dos creadores cataláns Pako Merino e Diego Lorca. Nesta                 ocasión, os actores utilizan unha historia actual para trasladarnos a un momento histórico           que formula temas esenciais como a condición humana e as súas diferentes formas de           entender o progreso e que consegue crear un universo poético que seduce e emociona. Un      dos espectáculos do ano en España. Imprescindible!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVEMBRO

 

       MONSTER ROCK, O MUSICAL DE                                HALLOWEEN

       Cía Telón Corto

                  

           DÍA: Sábado 3

HORA: 18.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Musical de halloween

CATALOGACIÓN: Público familiar (debe ir disfrazado)

DURACIÓN: 90 min

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 8,00€ (entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco) 10.00 € (en billeteira)

 

                        O tren procedente de Monster Rock acaba de facer a súa entrada na plataforma do teatro                           … O Home Invisible, Frank, Lobo, Vampi, o Profesor Hyde, Momi e Ghost están citados                               no  vello Castelo da Roca para solucionar un grave problema: Os monstros teñen medo.                      Xuntos buscarán a clave para vencer o medo á escuridade e para iso necesitarán a axuda de                        todos os cativos… Ven ao teatro disfrazado de Halloween e pásao de medo!

 

 

       LUÍS PIEDRAHITA

       LAS AMÍGDALAS DE MIS AMÍGDALAS SON MIS AMÍGDALAS

        

DÍA: Venres 9

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Monólogo comedia

DURACIÓN: 80 min

CATALOGACIÓN:

ENTRADA: 15,00 (patio de butacas) 12,00 (palco) Venda anticipada no     departamento de Cultura e na web www.ataquilla.com

 

                        Las amígdalas de mis amígdalas non é un monólogo chistoso máis. É unha antoloxía                   de anécdotas xeniais entresacadas da vida cotián, unha disertación chea de hipérbo-    

                        les luminosas que falan do tempo e da espera. Despois de esgotar todas as funcións                  nos cines Callao de Madrid, Luis Piedrahita chega a Galicia presentando un dos es-                    pectáculos máis exitosos do ano.     

 

 

       LEILÍA, EN CONCERTO

         Consentimento

 

DÍA: Sábado 17

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Concerto de folk tradicional

DURACIÓN: 90 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Galego

ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións no departamento de Cultura)

 

                        Enmarcado no programa Musigal da Deputación de Pontevedra, chega á Estrada o                     quinto traballo de Leilía. Un disco con vocación acústica, no que a guitarra, o acordeón, o                             contrabaixo e a gaita reflicten á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de poe-                       tisas como Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez ou Marilar   Alei-                         xandre. O deseño do espectáculo corre por conta de Quico Cadaval, un dos grandes profe-                    sionais da escena galega.

 

 

       FESTIVAL LUME NA LAREIRA

                       

DÍA: Domingo 18

HORA: 18.00 h

XÉNERO: Festival de música tradicional

DURACIÓN: 150 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00 €

 

                        Este festival estradense de música tradicional chega este ano á súa décimo primeira edición,                      unha edición que coma vén sendo habitual reunirá a unha ampla representación de grupos                        folclóricos, tales como os alumnos da Escola de Poio, Tequexetéldere ou Os da Pereiriña.                           Haberá, ademais, unha colaboración teatral por parte de Gonzalo  Valcárcel e do Padre                                Xiao,  e un peche de festa a cargo da agrupación Lume na Lareira.

              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

               

       LOIS PÉREZ

         Contos de medo

 

            DÍA: Venres 23

HORA: 21.00 h

XÉNERO: Narración oral

DURACIÓN: 45 min

CATALOGACIÓN: +12

LINGUA: Galego

                        ENTRADA: De balde

 

                        Enmarcado dentro das actividades programadas no Festival de Cine de Terror Panic,                  o narrador oral Lois Pérez  centrará a súa contada nas lendas de medo da tradición                    oral. Nas historias do narrador lugués conflúen a tradición oral, o humor, a poesía e               as máis altas e baixas paixóns humanas. Antes da actuación de Lois, varios  integran-                 tes do Club de Lectura farán unha dramatización de contos de medo da súa autoría.

                            

       CONCERTO DE STA CECILIA

         BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA

 

           DÍA: Sábado 24

HORA: 20.30 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Música clásica e popular

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde

 

Coma todos os anos, a Banda Municipal da Estrada, dirixida por Xabier Comesanha,      rende homenaxe á súa patroa, nun concerto cun repertorio pedagóxico e          heteroxéneo no que se mesturarán obras de carácter sinfónico con outras de estilo           popular.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

       CONCERTO DE STA CECILIA

         BANDA CULTURAL DA ESTRADA

 

           DÍA: Domingo 25

HORA: 18.30 h

XÉNERO: Bandístico

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde

 

                        Tomando o relevo da Banda Municipal, a Banda Cultural da Estrada, dirixida por Ricar-

                       do Oliver, celebra a festividade de Sta Cecilia, nun concerto que reunirá a músicos de                distintas xeracións da agrupación e unha selección musical procedente do repertorio                 clásico e popular.

 

                                   

       FESTA DA POESÍA

         + Entrega do Premio Avelina Valladares

                       

DÍA: venres 30

HORA: 20.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Recital poético

DURACIÓN: 90 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Galego

ENTRADA: De balde

 

                        Coma todos os anos, a entrega do Premio Avelina Valladares de poesía e a Festa da                  Poesía unen esforzos para homenaxear á palabra poética. Unha delegación de todos                 os centros educativos da zona e unha representación de distintos colectivos locais              toman a palabra para honrar á lingua e literatura galegas.

 

 

 

 

 

 

 

DECEMBRO

 

SON GALEGO SON CUBANO

Roi Casal

           

            DÍA: 1 de decembro

HORA: 21.00 h

XÉNERO: Música contemporánea

DURACIÓN: 90 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Galego / castelán

ENTRADA: De balde (retirada previa de invitación)

 

Con textos poéticos de Xosé Neira Vilas, e unha mestura de artistas galegos e cubanos sobre o escenario, o arpista, compositor e  cantante Roi Casal trae ao Teatro Principal o froito musical do achegamento entre a cultura galega e cubana. Un concerto con sabor a bolero, a habanera e a conga pero tamén a foliada, a alalás e a pop; un concerto convertido no gran musical dos últimos anos dentro e fóra de Galicia. Reserva a túa entrada!

 

NAVILAND, EL MUSICAL DE LOS REYES MAGOS

Sketch Eventos (Madrid)

           

            DÍA: Sábado 2

HORA: 18.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Musical infantil de nadal

CATALOGACIÓN: Espectáculo infantil-familiar

DURACIÓN: 75 min

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 10.00€ (entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)

 

Mony é unha cativa que o ten todo pero non é feliz. Nada lle fai ilusión, por iso este ano decidiu non escribirlles a carta aos Reis Magos. Para recuperar o espírito do nadal, emprenderá unha fantástica viaxe ao lugar no que viven os de Oriente. Nesa viaxe, Mony estará acompañada por unha divertida tropa de personaxes que farán da súa viaxe unha aventura inolvidable. Un musical entrañable que ningún neno debería perderse e no que poderán achegarlles a súa carta aos Reis Magos.

 

 

 

 

 

       FESTIVAL DE NADAL DE CORAIS

 

                        DÍA: Sábado 15

                        HORA: 20.30 h

                        LUGAR: Igrexa parroquial de Berres

                        XÉNERO: Música coral

                        CATALOGACIÓN: Todos os públicos

                        DURACIÓN: 60 min

                        LINGUA: Galego

                        ENTRADA: De balde

 

                        SINOPSE: Achégase o nadal, e con el, a homenaxe que todos os anos a Coral Polifó-                  nica de Berres lle rende en forma de panxoliñas e diversos cantos de motivo navide-                 ño. Nesta ocasión, o concerto contará, ademais da agrupación organizadora, coa                 participación da Coral O Peirao do Freixo (Outes) e a Coral San Simón de Cacheiras.

 

 

       PEPE VIYUELA

         La encerrona

 

            DÍA: Sábado 15

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Clown

DURACIÓN: 90 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: 10.00 € (entrada anticipada en Cultura)

 

SINOPSE: Hai un reducido número de espectáculos, que por dereito propio, xa    forman parte da nosa historia teatral. Como sinala a crítica especializada, La      encerrona é o mellor espectáculo de Pepe Viyuela, un espectáculo de culto, con guitarra e cadeira plegable que o situou no Olimpo dos cómicos españois e que         todos deberiamos ver polo menos unha vez na vida. Comedia cinco estrelas!

 

 

 

 

 

 

       CONCERTO DE FIN DE ANO

         Banda Municipal da Estrada + Coral Polifónica Estradense +          Coral Polifónica de Soutomaior

                       

DÍA: sábado 22

HORA: 20.30 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Música coral

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións)

 

            SINOPSE: Xa é un clásico do nadal estradense. O concerto de fin de ano interpretado pola Coral Polifónica Estradense, unha sección da Banda Municipal da Estrada e a    Coral Polifónica de Soutomaior porá o broche musical ao ano 2018 cunha variada    selección de fragmentos corais ambientados no nadal.

 

           

       ENCONTRO DE CORAIS PARROQUIAIS

 

DÍA: domingo 23

HORA: 17.30 h

LUGAR: Igrexa parroquial da Estrada

XÉNERO: Música coral

DURACIÓN: 90 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde

 

            SINOPSE: Outro clásico do nadal estradense. O concerto de noiteboa    interpretado   por unha ducia de coros pertencentes a distintas parroquias estradenses volverá encher a igrexa parroquial de panxoliñas e cancións recollidas       do cancioneiro popular e litúrxico.

 

 

 

 

 

 

 

 

       RETRETE CABARETE

         O Cabaret de Dorian Gray

          

 

DÍA: mércores 26

HORA: 12.30 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Monicreques / Teatro con globos

DURACIÓN:  50 min

CATALOGACIÓN: 0-4

LINGUA: Non verbal

ENTRADA: 3,50€

 

SINOPSE: O Retrete de Dorian Gray mestura neste espectáculo varios dos números         máis exitosos dos seus 10 anos de vida. Escenas das que os personaxes xorden da       manipulación de globos diante do abraio dos cativos. Música, globos e o     virtuosismo    interpretativo. Velaí os tres ingredientes que levaron á compañía a        percorrer o mundo coa súa proposta escénica.

                       

 

 

       BALEADAS

       Cía Traspediante danza

 

DÍA: Xoves 27

HORA: 12.30 h

XÉNERO: Teatro danza

DURACIÓN: 50 min

CATALOGACIÓN: + 3 anos

LINGUA: Galego

ENTRADA: 3,50€

 

                        SINOPSE: Marta Alonso, Paula Alonso e Begoña Cuquejo presentan unha das súas                    propostas máis suxerentes. Un xogo coas baleas, coas cores, e tamén co públido de                   todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e inte-                     ractúan, refacéndose no mesmo espectáculo. A compañía TrasPediante experimenta                coa tecnoloxía creando sropresas, risa e baleas en anaglifo, inspirándose no poema-               rio Balea2 do poeta Estevo Creus.

 

                       

              

 

 

 

 

          GALA TELECLUB DA COMEDIA NADAL

          

 

DÍA: xoves 27

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Monólogo cómico

DURACIÓN:  75 min

CATALOGACIÓN: +10

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00€

 

SINOPSE: Despois do éxito da primeira edición, Chelo do Rejo, Fran Campos, O Padre     Xiao, Pablo Chichas, As Lerchas, Manolo do Atlético e o Mago Toño, acompañados      pola batuta do mestre Carlos Barruso, volverán encher de gargalladas o nadal cos            seus monólogos cómicos. A Stand up comedy en formato estradense!

                       

 

 

PIEDRA A PIEDRA

         El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)

 

DÍA: venres 28

HORA: 12.30 h

XÉNERO: Teatro de obxectos

DURACIÓN: 30 min

CATALOGACIÓN: 2-4 anos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 3,50€

 

SINOPSE: Tras máis de 1.600 representacións por 38 países e 4 continentes. Despois de recibir 16 premios nacionais e internacionais, ademais dunha nominación aos prestixiosos Premios Max, chega á Estrada unha das mellores montaxes dos últimos anos en España. Piedra a piedra é unha marabillosa proposta que consegue espertar a imaxinación dos máis cativos a partir da manipulación de pedras e restos mariños. Un espectáculo de visita obrigada!

 

 

 

 

 

 

SCREEN MAN

El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)

 

DÍA:  Sábado 29

HORA: 12.30 h

XÉNERO: Espectáculo teatral de video mapping

DURACIÓN: 35 min

CATALOGACIÓN: +2 anos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 3,50€

 

Screen man, ou o «home pantalla», é aquel ser máxico que nos axuda a facer realidade os nosos soños. Para demostrarnos que todo é posible fai xurdir das pantallas xogos máxicos, nubes que se moven aos seus soplidos, letras que caen da súa gorra, realidades que se van formando tralo movemento das súas mans… Un espectáculo que te deixará coa boca aberta!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta