Este mércores 14 a parroquia estradense de Couso volverá a converterse un ano máis no centro do Folk Galego. Nesta ocasión a verbena comezará a partir das 23:00 horas coa actuación dos grupos:
– Quempallou ( Do Incio ao Morrazo )
Ademais da verbena durante a tarde terán lugar obradoiros e actividades. Os obradoiros están limitados a 15 prazas cada un a un custo de 12€. Os interesados poden inscribirse na web da organización http://asnosasmusicas.org
OBRADOIROS
16:30-19:00 INTERPRETACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: CANTO E PERCUSION (con Davide Salvado)
18:30-21:00 PERCUSIÓN MIÚDA: TARRAÑOLAS, CULLERES, CUNCHAS … (con Chuco Estévez)
ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)
17:30 DE TROULA EN TROULA (xogos tradicionais para todas as idades, con XANDOBELA)
19:30 PASEO, PUNTO, VOLTA (iniciación ao baile tradicional, con Marcos Botana)
20:45 RUADIÑA HAINA HAINA (con Trébede e pandereteiras de Mondariz e Pazos de Borbén)
Redacción: Iria Eiras







































