A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes máis de 36.200 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.
En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.
Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.260 luvas e 1.100 mascarillas.
En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 21.460 luvas, 13.657 máscaras, 774 batas e traxes de protección e 298 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes:
|
CONCELLOS |
LUVAS |
MÁSCARAS |
TOTAL (DE UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN) |
|
AGOLADA |
2.190 |
1.600 |
3.879 |
|
DOZÓN |
1.280 |
870 |
2.213 |
|
LALÍN |
3.490 |
2.050 |
5.798 |
|
RODEIRO |
2.090 |
1.700 |
3.883 |
|
SILLEDA |
2.740 |
1.175 |
4.658 |
|
VILA DE CRUCES |
2.940 |
1.812 |
4.868 |
|
A ESTRADA |
4.390 |
2.350 |
6.990 |
|
FORCAREI |
2.340 |
1.500 |
3.932 |
|
TOTAL |
21.460 |
13.657 |
36.221 |
Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.
José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.








































