A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO EVIVENDA E ECOEMBES, VOLTAN CONVOCAR A 15 CONCELLOS GALEGOS PARA QUE AUMENTEN A SÚA TAXA DE RECICLADO COA CAMPAÑA «ÚNETE AO RETO»

  • Volve a campaña de fomento da reciclaxe de envases de plástico latas e briks que se suspendeu en marzo de 2020 por mor do confinamento obrigado pola pandemia.

 

  • O obxectivo deste reto, que se desenvolverá do 1 de febreiro ao 30 de abril, é que cada un dos 15 municipios participantes melloren nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks), comparado co mesmo período do ano anterior.

 

  • Superado este reto, cada concello recibirá un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social da súa elección.

 

  • Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro e Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto.

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en colaboración con Ecoembes, a organización ambiental sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe de envases en España, retoman en 15 concellos galegos a campaña de incentivo da reciclaxe “Únete ao reto”, logo de suspendela en 2020 por mor do confinamento.

 

Unha mellora do 10% e un premio de 2.000 euros.

Este reto, convocado do 1 de febreiro ao 30 de abril, parte dunha premisa moi sinxela: os concellos participantes que melloren, cando menos, nun 10% a súa achega ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks) respecto ao mesmo período do ano pasado, conseguirán un premio dotado con 2.000 euros que terán doar a unha causa social local da súa elección.

 

 

 

 

Fotos: (esquerda a dereita) Hoxe pola maña durante a presentación da campaña que nesta ocasión foi na Estrada, Bruno de Llano delegado en Galicia de Ecoembes,  Sagrario Perez Castellanos Directora Xeral de Calidade Ambiental e Jose Lopez Campos, Aacalde de A Estrada, durante a presentación da campaña e durante a visita posterior ao stand da reciclaxe na feira da Estrada  acompañados tamén de Juan Manuel Constenla Carbón, Concelleiro de Medio Ambiente de A Estrada.. 

 

 

Segunda edición, 15 concellos

Ourense, Ferrol, Arteixo, Carballo, Ribeira, Ponteareas, Lalín, O Porriño, Boiro, Teo, A Estrada, Sanxenxo, Tui, Viveiro y Cambados son os 15 concellos que participarán nesta segunda edición do Reto.

A primeira edición, en 2018, convocouse igualmente entre 15 concellos galegos e 10 de estes superaron amplamente os obxectivos establecidos.

 

Coa colaboración dos concellos para implicar á cidadanía

Para conseguir que os concellos superen o Reto, están programadas unha serie de accións de comunicación coas que preténdese comprometer aos concellos e á cidadanía na mellora das cifras de reciclado de envases de plástico, latas e briks, nos seus respectivos municipios.

É por isto que durante os 3 meses de duración do reto, desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación como son a instalación de contedores amarelos xigantes e stands/colectores, a planificación de intensas campañas en medios de comunicación e redes sociais etc. que teñen como finalidade animar á cidadanía a participar á vez que se lles aprende como reciclar mellor.

En www.uneteaoreto.com atópase toda a información sobre como separar correctamente os residuos e será onde se publiquen os quilos recollidos cada mes de campaña en cada municipio.

 

 

Sobre Ecoembes

Ecoembes (www.ecoembes.com) é a entidade sen ánimo de lucro que xestiona a recuperación e a reciclaxe dos envases de plástico, as latas e os briks (contedor amarelo) e os envases de cartón e papel (contedor azul) en toda España.

En 2019, recicláronse máis de 1,5 millóns de toneladas de envases de plástico, latas e briks e envases de cartón en todo o territorio nacional. Grazas a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión de 1,67 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera ou aforrar 6,36 millóns de MWh. Asemade, aforráronse 20,74 millóns de metros cúbicos de auga.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta