O Partido Socialista de A Estrada ponse a disposición da plataforma estradense de emigrantes e anuncia unha campaña informativa no Deza, pola súa banda os nacionalistas instan ao alcalde a que presione ao seu partido para buscar unha solución

IMG-20130914-WA0000A senadora socialista, Paula Fernández, presentou na mañá de hoxe, acompañada dos lideres socialistas  de A estrada e Forcarei, José Antonio Dono e Ana Doval, as iniciativas que o PSdG ven de presentar no parlamento galego en referencia a problemáticas das pensións dos emigrantes.

Os socialistas galegos acaban de propor ao parlamento unha proposición non de lei, que foi aprobada pola cámara para regularizar a situación dos pensionistas emigrantes retornados e eximilos do pago de sancións.

A proposta socialista reclamaba que os pensionistas sexan axeitadamente informados, un tratamento homoxéneo destes casos en tódalas axencias tributarias, xa que hoxe dan prazos e tratamento diferenciado, que non se cobren os intereses de demora ou sancións económicas e deixar un prazo suficiente para aqueles que teñan que facer fronte aos pagos.

Tamén deron a coñecer as iniciativas presentadas no Congreso dos deputados,onde se presentou tamén unha proposición non de lei similar e que será debatida nas sesións plenarias vindeiras, e as presentadas no parlamento europeo polos eurodeputados socialistas galegos e Andaluces.

Pola súa banda a Senadora socialista tamén anunciou que no senado presentarase tamén  iniciativas “na defensa dos galegos e as galegas que están a ser tratados como delincuentes polo Ministerio de facenda” 

José Antonio Dono, pola súa banda recordou como os concellos de Tabeirós- Terra de Montes xa iniciaron a súa loita fai meses para obrigar a administración nacional a que adoptara medidas, xermen de todas as iniciativas presentadas agora en todas as cámaras, autonómicas, nacionais, e europeas polos socialistas. Dono dixo que “este é o  retrato perfecto do PP, cébase nos emigrantes mentres amnistía aos grandes defraudadores. Machacar ás clases traballadores e guantes de seda cos grandes defraudadores”

Ana doval pola súa banda dixo que o PSdG chegará ata as última consecuencias porque “temos dúbidas que aínda que Feijoo apoiara en Galicia esta proposta que o PP de Madrid faga o mesmo” e asegurou que toda a estrutura do partido traballará para que “esta proposta non quede en papel mollado”. Recalcou que Tabeirós-Montes e Deza temos moitos afectados o que danou a economía local “eses pensionistas deixaron de gastar no pequeno comercio e nas empresas da zona”

Pola súa banda a Senadora, que ao igual que fixeron, Doval e Dono, púxose a disposición da plataforma estradense,  anunciou unha campaña informativa na zona do Deza que arrancará ás 12:00 do luns no museo de Lalín, para continuar o martes a mesma hora no Centro Cultural de Rodeiro e xa ás 21:00 h en Agolada. O xoves 19 chegará ao Auditorio de Vila de Cruces ás 21:00 h e o venres 20 se cerrará a esa mesma hora na casa da Cultura de  centro de Silleda.

Fernández pena quere así coñecer e apoiar aos afectados para que dean o paso e constituír una gran plataforma cidadá. Segundo a senadora o Ministerio de Facenda está atacando sistematicamente “a un colectivo vulnerable e con poucas posibilidades de defensa,   a través dunha campaña perfectamente planificada para facer caixa” e advirteu que xa fixo varias preguntas no senado para coñecer o alcance económico de esta macro operación e poder comparala cos cartos que foron amnistiados as grandes fortunas.

Di a Senadora socialista que “os pensionistas teñen claro que os impostos son para pagarse e queren pagar, pero que a  inmensa maioría dos afectados de esta macro operación recaudatoria, non foron informados adecuadamente das súas obrigas, polo tanto existiu dolo da administración”

Di que a situación é tan grave que ao final as cantidades reclamadas, superan,  na maior parte dos casos,  os ingresos anuais dos pensionistas, e puxo un exemplo  real: Unha viúva, con dobre pagador,  España e Suíza , cunha pensión total de 12.000 euros ao ano, vese obrigada a abonar nun prazo de entre 12 e 18 meses,  os impostos dos últimos catro anos,  que coas sancións e os intereses supoñen uns 15.000 euros “Inasumible”

Dixo a senadora que “os emigrantes axudaron a construír este país durante décadas, agora nos toca a nós axudarlles. O goberno debe paralizar este escándalo, informar adecuadamente das obrigacións tributarias a todos e cada uno de los pensionistas e empezar nese momento la recadación, retirando as sanciones e ampliando prazos para facilitar el pago” . Os socialistas reclamaron tamén que debe revisarse os convenios cos países europeos e facilitar os tramites para evitar gastos a maiores de tradutores e notarios, algo que xa foi solicitado na Eurocámara.

Redacción e Fotografía: PSdeG PSOE de A Estrada

1279003_683878718308292_1318777445_oAnte o problema que están a sufrir os emigrantes retornados, o alcalde ten que presionar politicamente ao seu partido

O alcalde pode facer máis, non pode escudarse en votar a favor dunha moción

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, afirmou esta mañá que “o alcalde da Estrada ten que moverse para que o seu amigo Rajoy e o seu partido poñan enriba da mesa unha solución ao trato inxusto que lles está a proporcionar a Axencia Tributaria a todos os
emigrantes retornados do noso concello”.

O concelleiro nacionalista explicou que “no mes de xullo o pleno do concello aprobou unanimidade unha moción en apoio ás demandas do colectivo de emigrantes retornados, pero cómpre facer máis e o alcalde pode facer máis”. “Estamos ante un problema de enorme envergadura”, explicou Xosé Magariños, “como quedou demostrado no acto organizado polo BNG o pasado día 4 de setembro, onde explicamos perante case cen persoas como afecta esta problemática aos emigrantes retornados que cobran pensións do estranxeiro”.

“Neste sentido”, explicou o portavoz municipal, “o alcalde non pode facer como se aquí non pasara nada e mirar par outro lado como se con el non fora a cousa; o sr. López ten responsabilidades políticas, é militante do PP, e compartiu mesa e mantel con Rajoy”, explicou o concelleiro do BNG.

“Sexa útil aos estradenses emigrantes retornados,” engadiu Magariños, “utilice esa habilidade que lle caracteriza de codearse cos poderosos e presione politicamente para buscar unha solución a esta inxustiza que están a sufrir os nosos emigrantes, que traballaron moi duro, durante moitos anos e lonxe da terra para agora recibir este trato por parte da facenda española”.

Redacción: BNG de A Estrada

 

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta