A programación cultural de A Estrada para este outono pretende continuar coa liña dos últimos anos apostando pola diversidade e calidade de actuacións.
A espera de rematar de definir o programa e parroquias que volveran acoller unha campaña máis do Teleclube da Comedia, a programación do Teatro Principal terá unha especial dedicación a actividades dirixidas aos máis cativos, así no lo traslada o edil de cultura, Don Juan Constenla, “cremos que é unha etapa, a infantil, para educar un pouco a súa afección aos teatros e calquera tipo de actividades culturais”.
Nesta liña de programación infantil retomarase o Ciclo Colorín colorado o primeiro sábado de cada mes en horario matinal e o Festival Infantil de Nadal, con unha gran afluencia de público en edicións anteriores, arredor de 200 persoas por función, e que pretende favorecer a conciliación familiar en época de vacacións.
Como novidade este ano terá lugar un Festival de Títeres con formato de campaña escolar e que contará coas mellores compañías do panorama internacional.
En canto a programación para adultos en outubro comezará o Certame de Teatro que acollerá tanto compañías profesionais como de teatro aficionado.
De cara a finais de ano tamén terá cabida a programación musical con agrupacións folclóricas, música galega, clásica e pop.
Dende o concello pretenden dar unha atención especial a colectivos locais otorgándolles unha presenza destacada nos certames.
Listado Programación Cultural Outono no Teatro Principal
Gravación: Adrián Eiras
Redacción e Fotografía: Iria Eiras






































