O alumnado da Estrada encheu hoxe as rúas
do casco urbano do municipio de diversas actividades deportivas para
conmemorar o Día da Educación Física na Rúa.
Ao redor de 400 mozos e mozas de nove centros de primaria e secundaria de
todo o termo municipal déronse cita esta mañá na praza e nos xardíns Concello
e nas rúas Serafín Pazo e Calvo Sotelo para realizar diversas actividades nas
mesmas.
A xornada, organizada pola Agrupación Deportiva Escolar coa colaboración do
Concello da Estrada tivo por finalidade visibilizar en público a importancia do
deporte, non só a efectos de saúde, senón como un activo de gran importancia
á hora de promover a socialización.
Hockey, pano, rugby, brilé ou lanzamento de frisbee foron soamente algunhas
das propostas coas que os mozos e mozas estradenses encheron de deporte
as rúas durante esta xornada.
Ademais, o Concello da Estrada puxo a disposición de todos os participantes
avituallamento de auga e froita para repoñer forzas e servizo de autobús para o
alumnado dos centros que non pertencen ao casco urbano.
Desde o Concello da Estrada sinalan “a importancia de darlle un espazo na rúa
ao deporte, un dos mellores xeitos de manterse saudable”, e agradecen “poder
colaborar en que a mocidade estradense puidera gozar con esta xornada”.
Máis de 400 estudantes estradensescelebran con deporte o Día daEducación Física na Rúa
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































