Segue aberto o prazo para inscribirse no novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas que dará comezo este próximo mes de outubro.
Como cada ano, haberá tres grupos habilitados por idades: Grupo Infantil (+6), Grupo Xuvenil (+10) e Grupo de adultos (+16).
As clases do grupo de adultos comezarán o día 15 de outubro cun «Curso de introdución ás técnicas do contacontos» impartido por CÁNDIDO PAZÓ, que se desenvolverá en tres
sesións de tres horas de duración durante o mes de outubro. Xa en novembro terá lugar o comezo do curso regular, durante o que está previsto realizar dous obradoiros de voz e improvisación, respectivamente.
As clases dos Grupos infantil e xuvenil comezarán tamén a mediados do mes de outubro e compaxinarán clases de teatro e danza, nunha sesión de 2 hs de duración que se desenvolverá os sábados pola mañá nas dependencias do Teatro Principal.
Os interesados poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello ata o próximo venres 4 de Outubro.
Redacción: Escola Municipal de Artes Escénicas
Fotografía: Iria Eiras







































