Tradición e folclore daranse cita enCouso os días 13 e 14 de agosto na festa «As nosas Música»

 Hoxe tivo lugar a presentación deste festexo, que reunirá en Couso
a numerosas agrupacións de música tradicional.
 Títeres, gastronomía, artesanía e xogos tradicionais complementan a
programación da 26ª edición da festa.

‘As Nosas Músicas’ regresará a Couso os días 13 e 14
de agosto no que será o regreso dun dos eventos musicais máis agardados do
verán estradense.
A sala de Xuntas acolleu esta mañá a presentación da festa nun acto no que
participaron o edil de Cultura do Concello da Estrada, Juan Constenla, e
representantes de As Nosas Músicas Couso A Xesteira, entidade organizadora
do evento.
No encontro, o concelleiro puxo en valor “o traballo que entidades como esta
desenvolven durante todo o ano para poder gozar de iniciativas de gran
importancia cultural como As Nosas Músicas”.
Pola súa parte, desde a entidade organizadora agradeceron “a vital
colaboración do Concello para que Couso e A Estrada poidan gozar dun evento
de referencia” e tamén reivindicaron a diversidade de propostas desta edición
que incluirá música tradicional, xogos tradicionais, artesanía e actividades para
os máis pequenos.

PROGRAMACIÓN
A festa dará comezo o domingo 13 de agosto coa sesión vermú programada
para as 12:00 horas. Pola tarde a programación continuará co obradoiro infantil
de instrumentos musicais a cargo de Oli Xiráldez, ás 16:30 horas, seguido da
apertura da I Mostra de Artesanía As Nosas Músicas, ás 17:00 horas, media
hora antes da ruada con Galega de bailables, Retranqueiras, Silandeiras,
Bouba e Requinta da Laxeira.
O luns, 14 de agosto, o pioneiro obradoiro de toques de campás, na Igrexa de
Couso, por conta da Asociación de Campaneiros de Galicia, será o encargado
de inaugurar a xornada. A mediodía, terá lugar unha sesión vermú amenizada
por Faíscas da Pontragha e pola tarde, ás 17:00 horas, darán comezo os xogos

 

tradicionais na música e na festa, e ás 19:00 o espectáculo de monicreques O
galo Quirico e os seus amigxs, de Seisdedos.
A iniciación ao baile tradicional, con Nuria Gesteira, programada para as 20:15,
servirá como antesala á ruada das 21:30 na que participarán Os Melidaos,
Coanhadeira, Carunchos, Tiruleque e Art-Monium, Animación a pé de pista.
Ademais, o festexo tamén incluirá área de acampada na carballeira anexa e
zona gastronómica.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.