As entradas pódense adquirir de forma anticipada por un prezo de
10 euros en ataquilla.com, de xeito presencial no concello ou no
Bar As Tres Portiñas.
O monólogo terá lugar o venres 27 de outubro no Teatro Principal
da Estrada a partir das 21:00 horas.
O Concello da Estrada xa puxo a
disposición do público as entradas para o espectáculo Cómico de ‘El Brujo’, un
dos actos centrais da programación cultural de outono.
As persoas que desexen acudir o vindeiro 27 de outubro ao Teatro Principal
para gozar da actividade xa poden facerse coas súas entradas, previo pago de
un prezo de dez euros en ataquilla.com, acudindo presencialmente ao concello
ou no bar As Tres Portiñas.
Cómico é un monólogo aparentemente espontáneo no que o actor desvela
todos os detalles da súa vida e do seu oficio como actor e dramaturgo no que
destaca a variedade de recursos expresivos e a graza irónica e tenra do seu
humor.
Rafael Álvarez “El Brujo” consegue coa xenialidade da palabra soa esa
suspensión momentánea da realidade que só os grandes da escena son quen
de provocar no espectador. Sen axudarse de grandes exércitos de focos, sen
riquísimos vestuarios e sen abundancia de tramoia. Tan só facendo emprego
da maxia da súa voz.







































