O PSdeG PSOE anuncia a renuncia de José Luís Picaño por motivos laborais

IMG_2118SUBSTITUCIÓN NO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA 

O grupo municipal socialista comunica a renuncia ao cargo de concelleiro e as obrigas derivadas de José Luís Picaño Riveira. Decisión que adopta por motivos laborais, que lle imposibilitan a atención requirida ás funcións propias do cargo.

A efectos de que se proceda á súa substitución, tense comunicado a decisión do compañeiro ao Concello vía rexistro municipal de entrada, agardando se dea conta da mesma no vindeiro Pleno, facéndoa así efectiva, e se inicien os trámites necesarios ante a Xunta Electoral.

O grupo municipal e a agrupación socialista estradense comprenden a decisión adoptada polo compañeiro e fan público o seu agradecemento polo traballo realizado.

Ao longo do seu período como concelleiro, Picaño Riveira, ten demostrado sobradamente ter asumindo a responsabilidade que comporta formar parte da Corporación Municipal coa dedicación necesaria.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta