· O acto terá lugar ás 20.00 horas e a entrada ao mesmo será libre ata completar aforo.
Este xoves, ás 20.00horas, na Casa das Letras, terá lugar a presentación do libro Soñando esperta da autoría de Carmen de Louzao de San Martiño. Carmen é mestra de Educación Primaria e coordinadora do equipo de Normalización Lingüística do CEIP de Figueiroa. O libro recolle unha serie de catro contos infantís acompañados polas ilustracións do artista José Antonio Penido.
O acto, que será de entrada libre ata completar a capacidade da sala, contará coa presenza do concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e coa participación dun grupo de cativos que darán lectura a un dos contos do libro.
Ao remate do acto, repartiranse exemplares do libro entre o público asistente asinados pola man da autora.







































