Este sábado 12 tivo lugar no campo municipal de Figueroa o segundo partido amigable dos Irmandinhos frote o equipo de Pontecedra FG.
Dende os primeiros minutos o equipo local foi superior ó visitante que nada puido facer ante a avalancha Irmandinha que non tivo contemplación algunha ante o recentemente creado equipo pontevedrés que demostrou con algún xogador que en breve van a dar de que falar, só lles falta un pouco máis de rodamento. O que se refire ó equipo local, aproveitaron este amigable para probar as novas incorporacións de xogadores e así que vaian collendo soltura neste deporte. O resultado final foi aplastante de 8,12 (36) – 0,3 (3). Despois do encontro ambos equipos fixeron o tradicional terceiro tempo, firmando así una exitosa xornada gaélica.
Pero o que máis destacan os Irmandinhos foi a calida acollida da súa labor benéfica de recollida de tapóns para o neno de vedra José Manuel, que tildan de éxitosa e recalcan que seguirán con ela en tódolos partidos que xoguen como locais.
A vindeira cita terá lugar o Luns 21 fronte o tamén recentemente creado o Estrela Vermelha de Santiago. Será no campo de Figueroa ás 21:00 H.
Redacción e fotografía: Irmandinhos A Estrada






































