Os socialistas demandan que "O goberno municipal debe analizar as consecuencias para os veciños e non pensar no rendemento electoral para o PP"

IMG_8566“Non se pode tomar a decisión á lixeira, o teórico descenso do prezo do IBI para 2014 pode ter consecuencias non desexadas para 2015 e sobre outros impostos e taxas”

Dende o ano 2011 o recibo da contribución urbana na Estrada experimentou unha subida do 140%. Tomando como referencia a mesma casa, sen que se teñan feito melloras constructivas nela, cada familia pagou en 2013, case 2,5 veces o que estaba a pagar en 2011. Este roubo aos cidadáns é resultado da decisión do Alcalde de eliminar a bonificación aos recibos, e da decisión do PP en Madrid de incrementar o tipo impositivo.

Por todo isto, un veciño da Estrada, con un piso na vila de 3 habitacións e un valor catastral de 55.000 euros veu como dende que goberna o PP na Estrada o seu recibo sufriu as seguintes variacións:

 

Ano

Valor catastral

Importe contribución

Incremento

2011

55.000 €

138,99 €

2012

55.000 €

277,97 €

100 %

2013

55.000 €

333,57 €

140 %

Este veciño, froito da decisión de López Campos e das subidas de Rajoy, perdeu nestes dous últimos anos 333 €, dos cales 166,78 € se corresponden directamente coa decisión de López Campos e 166,22 € se obteñen de aplicar o Decreto de Madrid.

“Claramente estes brutais incrementos supoñen un roubo nas economías familiares, e xustifican o malestar existente entre os veciños da Estrada” opinaron dende o grupo municipal socialista da Estrada. “Dende o noso grupo apoiamos a necesidade de baixar os recibos da contribución, pero para paliar este abuso sería necesario aplicar reducións de polo menos o 50%  con respecto ao cobrado en 2013. A situación das familias estradenses é cada día máis complicada: o paro no noso Concello alcanza cifras históricas, os salarios non aumentan, ni tan sequera moderadamente –ironizaron os socialistas- e cada día son máis os estradenses que teñen que buscar apoio en Cáritas ou na Cruz Vermella para chegar a fin de mes”. 

Perspectiva para 2014

IMG_8576O goberno municipal de López Campos decidiu anular en 2011 a bonificación establecida na Estrada, que corrixía os erros por sobrevaloración catastral que recolle a vixente ponencia de valores que afecta á Estrada. Esta anulación supuxo un incremento no valor dos recibos do 60 %, que se sumou posteriormente aos incrementos practicados como resultado de aplicar as decisións do PP en Madrid. 

De cara a 2014, -“último exercicio fiscal antes das próximas eleccións municipais de 2015”, lembraron os socialistas- o goberno de López Campos pon encima da mesa a posibilidade de reducir o IBI, aplicando para elo unha disposición prevista na Lei de Catastro Inmobiliario e que se aplica en función da valoración colectiva do municipio e se aproba coa Lei anual de Presupostos Xerais do Estado.

Esta opción, que se vincula coa elaboración do orzamento anual do Estado, implica aceptar unha subida lineal do 10% sobre o valor catastral de todas as propiedades dos estradenses. Incremento que, segundo unha resolución do propio estado e incompatible con prorrogar o Decreto Estatal de Rajoy polo que A Estrada debería aplicar en 2014 e 2015 o tipo de 0,6 %. E dicir, os particulares pagarían en 2014 o resultado de sumar o pagado en 2011, mais a anulación por parte do goberno municipal da bonificación do 37,5% e a correspondente subida derivada de subir o valor catastral do ben.

Paradoxicamente, neste contexto de crise económica actual fixo que o prezo das vivendas dende o ano 2007 sufrise unha caída acumulada do 50%, e os analistas do mercado inmobiliario prevén que inda pode chegar a caer máis dun 30% nos próximos dous anos, dado o nivel de ingreso por unidade familiar. A pesar disto, a OCDE indica que o valor de taxación dos pisos en España acumulou unha depreciación do 29,5% dende máximos, inda así, sinalan que as vivendas están sobrevaloradas nun 5% de promedio respecto ao que chaman prezo de equilibrio.

Por todos estes motivos, resulta necesario analizar a opción plantexada dende todos os parámetros.

Se esta posibilidade esta vinculada aos orzamentos anuais do Estado que vai pasar de cara a 2015 cando segundo o decreto Estatal debe de continuar aplicándose o 0,6 %, mesmo valor que se aplicou este ano 2013. E mais, se esta vía de ‘redución’ beneficia aos estradenses por que se agardou a aplicala en 2014 e non se empregou en 2012 ou 2013.

Pero tal vez o máis preocupante será ter en conta que a subida de valor catastral será para sempre, non pode voltarse a aplicar os valores actuais. E non so iso, modificar o coeficiente de valoración catastral implicara cambios na contribución non so urbana senón tamén rústica, podendo darse o caso de que persoas que nunca tiveron que tributar por rústica agora si o teñan que facer posto que se producira unha modificación a alza do valor do seu patrimonio, incremento lineal para todos os estradenses. Patrimonio que tamén verá incrementado o seu valor a hora de pagar impostos como o de transmisións patrimoniais e sucesións. Este incremento da masa patrimonial, tamén lles afectara as persoas que poden acollerse cos valores actuais a bonificacións contemplada na ordenanza fiscal municipal.

De levarse adiante a modificación do prezo do recibo que se plantexa dende o goberno, derivada dun incremento dos valores catastrais, o veciño do exemplo pagaría en 2014, con respecto a 2011:

Importe 2011

Anulación bonificación

Suba como consecuencia do incremento de valor catastral

Total 2014

Incremento 2014 con respecto 2011

138,99 €

83,39 €

22,23 €

244,61 €

76 %

‘Os socialistas, como xa manifestamos en reiteradas ocasións, estamos de acordo en reducir o importe da contribución dos veciños, pero é necesario buscar cós técnicos a fórmula que beneficie a todos. Tal e como manifestamos na comisión informativa, é necesario pedir informes exhaustivos ao respecto e analizar as consecuencias desta decisión, pois pode ser que o resultado sexa pan para hoxe e fame para mañá.’, declararon os socialistas.

Redacción PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta