Inauguramos nova sección en A Estrada Na Rede, Percorrendo Galicia, onde, “como o seu nome indica, faremos un percorrido polos lugares máis importantes e curiosos de Galicia”, así no lo define a nosa nova colaboradora, Ana Requeijo, unha estradense viaxeira e amante da fotografía que nos descubrirá moitos lugares que podemos visitar na nosa xeografía.
Como Ana nos indica, “todos sabemos que nos gusta viaxar e coñecer novos sitios fora de Galicia, aínda que dentro dela temos moitísimos lugares máxicos que non coñecemos. Dende esta nova sección imos a tratar de amosarvos eses lugares para que vós tamén vos animedes a visitalos e percorres Galicia connosco. Mentres,… desfrutade!!”
Dende A Estrada Na Rede, queremos agradecer a colaboración de Ana por abrirnos o seu amplo arquivo fotográfico e contarnos as súas experiencias levándonos a percorrer Galicia con ela.
Redacción: Iria Eiras
Fotografía: Ana Requeijo






































