A XUNTA DE GOBERNO ACORDA A IMPOSICIÓN DE PENALIDADES ÁEMPRESA QUE SERVIU A FESTA DO MAIOR POR “INCUMPRIMENTODEFECTUOSO” DO CONTRATO

 A intención do executivo é aplicar “as máximas penalidades que permite
a lei”.
 Notificarase a decisión á concesionaria deste servizo para cumprir coa
quenda de alegacións

O executivo estradense resolveu hoxe en Xunta de
Goberno Local a imposición de penalidades á empresa que serviu a Festa do Maior o
pasado mes de marzo por “cumprimento defectuoso” do contrato de servizo. Ao remate
da sesión, o alcalde, Gonzalo Louzao Dono, sinalou que o acordo non vén máis que a
confirmar a intención anunciada xa no mesmo momento en que se produciron
incidencias no transcurso do referido almorzo. Nese intre, os departamentos municipais
de Secretaría e Intervención iniciaron estudos tendentes a repercutir o incumprimento
por parte das firma que gañara o concurso público, logo de que o menú non fora
suficiente para atender a preto de 50 das persoas congregadas e fose preciso buscar
comida a outro establecemento.
Gonzalo Louzao indicou que se aplicarán “as máximas penalidades que permite a lei”.
Sinalou que se lle notificará a decisión á empresa e, seguidamente, se abrirá un prazo
para a presentación das alegacións que estime convenientes.
No seu momento, dende o goberno local recoñeceuse que o da Festa do Maior foi un
“contrato suculento” que atraeu a máis empresas das habituais no proceso de licitación.
Asumiuse que a firma que resultou adxudicataria non incorreu en baixa temeraria e
gañou o concurso cunha diferenza de só 50 céntimos por menú con respecto á seguinte
licitante, que resultou ser unha empresa estradense.
“Non cumpriu e xa o dixemos dende o primeiro momento que tomaríamos medidas”,
manifestou o rexedor. “Os contratos están para cumprilos e, senón, existe un réxime
sancionar”, concluíu o alcalde.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.