A ESCOLA DE EMPREGO DE ACCIÓN CONTRA A FAME TEN XA NAESTRADA UN 20% DE INSERCIÓN LABORAL ENTRE OS SEUS 38PARTICIPANTES

 O 40% dos asistentes apostaron por continuar coa súa formación.

A concelleira estradense de Emprego, Lucía Seoane, fixo
entrega hoxe de diplomas aos participantes en varias actividades formativas dentro da
Escola de Emprego impulsada no marco do acordo de colaboración do Concello da
Estrada e Acción Contra a Fame. Esta escola está dirixida a menores de 30 anos inscritos
no programa de garantía xuvenil. Neste primeiro semestre estiveron recibindo
formación en soldadura e traballos de almacén.
Segundo os datos aportados pola organización no momento de entregar os diplomas aos
participantes nestes cursos, nesta Escola de Emprego participan un total de 38 alumnos,
dos que un 80% remataron formación. A inserción no mercado laboral está xa no 20%
dos participantes. Ademais, sinalan que o 40% dos asistentes apostaron por continuar
formándose, a través de iniciativas como os certificados de profesionalidade, de xeito
que un importante número dos asistentes foron derivados aos correspondentes
servizos.
Os asistentes a este programa acudirán o vindeiro 4 de xuño a unha feira de emprego
específica de Acción Contra a Fame, de xeito que poidan continuar establecendo
contactos empresariais que axuden a incrementar a porcentaxe da inserción laboral.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.