A POLICÍA LOCAL AVISA DO PECHE, ESTE SÁBADO, DOSESTACIONAMENTOS DA CARBALLEIRA DA FEIRA E ESQUINA DE 25 DEXULLO

– A Policía Local da Estrada lanzou hoxe un aviso para que
a cidadanía estea informada de que, con motivo da celebración do San Cristovo este
sábado, 12 de xullo, a área de estacionamento público da Carballeira da Feira e a que fai
esquina coa Rúa 25 de Xullo estarán cortadas ao tráfico. Non se poderá parar nin aparcar
nestes recintos dende as 08.00 horas do sábado.
Este anuncio público complementouse xa coa instalación, na zona afectada, de vallas nas
que se incorpora este mesmo aviso.
De igual xeito, dende o corpo municipal infórmase tamén de que a parada de autobús e
dúas zonas de carga e descarga da Avenida Benito Vigo próximas á Praza da Constitución
quedarán reservadas dende o sábado, ás 08.00 horas, para os vehículos da TVG
vencellados á gravación dun programa.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.