GONZALO LOUZAO SOMETERÁ A APROBACIÓN NO 11o CONGRESOLOCAL UN COMITÉ EXECUTIVO CON ARREDOR DE 60 MEMBROS

o O candidato proporá o nomeamento do presidente saínte, José López Campos,
como Presidente de Honra do PP da Estrada “en recoñecemento ao seu exitoso
labor de transformación da Estrada nos últimos 15 anos”
o O novo comité, que integrará a todos os concelleiros do goberno local como
membros natos, será “equilibrado en canto á continuidade de compañeiros e
compañeiras con experiencia e renovación coa incorporación de caras novas”

O único candidato a presidir o Partido Popular da
Estrada tras o 11o Congreso Local que se celebrará o vindeiro domingo, Gonzalo Louzao,
pretende someter a aprobación dos afiliados/as un Comité Executivo de aproximadamente
60 integrantes, que está a ultimar estes días e que será “equilibrado en canto á
representación da dualidade urbana e rural e en canto á continuidade de compañeiros e
compañeiras con experiencia e á renovación coa incorporación de caras novas”.
Gonzalo Louzao considera que “a amplitude e a diversidade deste novo comité é unha
demostración da forza e do arraigamento social do PP da Estrada, despois dun gran traballo
de José López e o seu equipo durante case catro mandatos”. Precisamente, “en
recoñecemento ao exitoso labor de transformación da Estrada nos últimos 15 anos”,
Gonzalo Louzao proporá o nomeamento de José López como Presidente de Honra do PP da
Estrada.
Respecto á composición do resto do comité, Gonzalo Louzao destaca “a xenerosidade e o
compromiso de todas as persoas que aceptaron a invitación para sumarse a este grupo de
traballo”. “A día de hoxe non é doado dar a cara por un partido, por unha ideoloxía e por un
proxecto político a cambio de nada e toda esta xente está disposta a facelo co único
obxectivo de poder contribuír a seguir mellorando A Estrada”, salientou. Ademais,
amosouse “especialmente satisfeito ao comprobar que hai moita xente moza que está
disposta a achegarse ao Partido Popular da Estrada”.
Comezo ás 12.00 horas
En canto ao desenvolvemento do 11o Congreso Local, terá lugar no pavillón anexo ao
Polideportivo “Coto Ferreiro” e o inicio está previsto para as 12.00 horas. Ademais da
intervención do presidente saínte para facer un balance da súa etapa de 15 anos á fronte
do partido, está previsto que Gonzalo Louzao presente aos integrantes do novo Comité
Executivo e expoña o seu programa de futuro, antes de escoitar ao presidente provincial do
PP en Pontevedra, Luis López, e do presidente do PP de Galicia e presidente da Xunta,
Alfonso Rueda.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.