MOVEMENTO POLA PAZ EXPÓN A COLECTIVOS E TÉCNICOS DAESTRADA OS RESULTADOS DO PROXECTO “MIGRADAS II

 Un dos grupos do programa organizouse na Estrada.
 O proxecto analiza como viven as mulleres migradas os procesos de
reparación fronte ás violencias de xénero e que obstáculos seguen
impedindo que estes dereitos se materialicen na súa vida cotiá.

Integrantes de Movemento pola Paz Galicia, a
través da súa Área de Mulleres, expuxo na Estrada o resultado do proxecto Migradas II:
Reparación das Violencias de Xénero, unha iniciativa financiada polo Ministerio de
Inclusión, Seguridade Social e Migracións e pola Unión Europa, consistente na
realización de varios grupos de mulleres nos que ase traballou o acceso á información en
distintos ámbitos. Un destes grupos organizouse no Concello da Estrada, abordando
coas participantes cuestións como recursos sociais, sanitarios e educativos; orientación
laboral; asesoría xurídica; e prevención e identificación das violencias de xénero.
Ademais, tratáronse temas como a saúde sexual e reprodutiva, os coidados e o
autocoidado.
Na sesión participaron representantes de Cruz Vermella, Amicos, Cáritas Parroquial da
Estrada ou Acción contra a Fame, xunto con persoal técnico do Centro de Información á
Muller (CIM) e dos departamentos municipais de Servizos Sociais e Orientación Laboral.
Todos eles son axentes directos na atención de mulleres migradas.
“Migradas II” é un estudio que analiza como viven as mulleres migradas os procesos de
reparación fronte ás violencias de xénero e que obstáculos seguen impedindo que estes
dereitos se materialicen na súa vida cotiá. Despois das intervencións realizadas
recompilouse información das participantes, elaborando un estudo que combina
metodoloxía cuantitativa (cuestionarios) e cualitativa (achegas dos grupos e fontes
secundarias), co obxectivo de contextualizar e enriquecer os resultados.
Segundo se explica dende a Área de Mulleres de Movemento pola Paz Galicia, os datos
recollidos reflecten os principais desafíos que afrontan as mulleres migradas vítimas ou
superviventes de violencia de xénero no seu proceso de reparación. Un proceso que,
segundo manifestan, transcorre entre o medo e a necesidade, e no que a migración se ve
condicionada pola violencia estrutural e a exclusión institucional. De igual xeito,

identifícanse importantes barreiras no acceso a recursos de vivenda, apoio económico,
atención psicolóxica e, no ámbito xurídico, no proceso de denuncia e nas medidas de
protección.
Estes elementos, sinalan, determinan as súas posibilidades reais de reparación, nun
contexto marcado pola desigualdade no acceso aos dereitos. As participantes apuntan
que estas desigualdades adoitan estruturarse arredor de variables como a situación
administrativa, a presenza de fillos e fillas ou mesmo a capacidade de insistir e “saber
moverse” no sistema.
“O informe conclúe que é necesario transformar os marcos de intervención, flexibilizar
os itinerarios, garantir condicións materiais dignas e revisar as lóxicas institucionais que
perpetúan desigualdades”, sinalan. Conclúen que a reparación require tempo,
autonomía e apoio institucional.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.