DURÁN PRECISA QUE A AVENIDA DE SANTIAGO ELEVOU NUN TERZO ACAPACIDADE DOS CONTEDORES AMARELOS, CON 3.200 LITROS MÁIS

 Este incremento produciuse no tramo final da avenida, pasando dos
6.400 litros que sumaban os contedores anteriores aos actuais 9.600.
 Sinala que algún dos contedores desta mesma zona
estaba“practicamente baleiro”.
 “O camión avariouse o xoves pero o domingo non había ningunha bolsa
fóra dos colectores”, precisa o concelleiro de Servizos Municipais.
 Veciños da zona quixeron trasladar ao Concello que esta queixa non
debe entenderse compartida polo conxunto dos residentes.

 Este incremento produciuse no tramo final da avenida, pasando dos
6.400 litros que sumaban os contedores anteriores aos actuais 9.600.
 Sinala que algún dos contedores desta mesma zona
estaba“practicamente baleiro”.
 “O camión avariouse o xoves pero o domingo non había ningunha bolsa
fóra dos colectores”, precisa o concelleiro de Servizos Municipais.
 Veciños da zona quixeron trasladar ao Concello que esta queixa non
debe entenderse compartida polo conxunto dos residentes.

“Coincidimos por completo en que a imaxe de bolsas
de lixo fóra do contedor é insalubre, pero tamén entendemos que, antes de deixalas na
rúa, o máis cívico é arroxalas en puntos de depósito existentes a poucos metros e que
estaban practicamente baleiros”. O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán,
ofreceu hoxe explicacións ante as presuntas queixas de veciños da Avenida de Santiago
polo servizo de recollida de lixo, un sentir que diversos habitantes na zona quixeron
trasladar ao Concello que non debe entenderse compartido polo conxunto dos
residentes.
Neste contexto, Durán lembrou que na Avenida de Santiago se incrementou nun terzo o
volume dos depósitos amarelos, destinados á recollida de plásticos e envases lixeiros.
Concretamente, no tramo final desta avenida (entre a rotonda da Avenida de Cultura e a
rotonda da PO-841) había antes oito colectores de 800 litros ou, o que é o mesmo, unha
capacidade conxunta de 6.400 litros. Agora hai tres illas, cun volume de 3.200 litros para
plásticos en cada unha delas, de xeito que suman 9.600 litros.
Aínda así, Durán recoñeceu que o camión que realiza a recollida sufriu unha avaría o
xoves e non puido baleirar completamente algún contedor. Sinalou que isto fixo que o
sábado algunha destas unidades estivese chea, “se ben nesta mesma zona había outras
baleiras”. “O domingo ás 12 da mañá non quedaban bolsas sen recoller”, engadiu o
concelleiro.

Asumindo que estas “parecen máis queixas persoais que veciñais”, o concelleiro de
Servizos Municipais entende que calquera cidadán pode comprender “que todo servizo
é susceptible de que apareza algún problema puntual, sen que isto sexa o habitual”.
En todo caso, Óscar Durán informou de que o Concello se puxo en contacto coa empresa
que realiza a recollida dos colectores amarelos, que se amosou “receptiva” coa súa
petición de buscar unha alternativa que garanta completar a recollida no caso de que se
produza algunha avaría ou incidencia cun dos camións que emprega para prestar o
servizo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.