O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, ofreceu este
mediodía unha recepción a un grupo de profesores procedentes de Mayotte (unha illa
francesa situada no Índico, preto de Madagascar) que visitan A Estrada no marco dun
intercambio do programa Erasmus co IES Antón Losada Diéguez.
Os rexedor departiu co profesorado, moi interesado nos recursos turísticos do municipio
e na industria da madeira. O centro de formación profesional no que eles traballan ten
tamén unha rama específica deste ámbito e tiveron ocasión de visitar industriais locais
como Martínez Otero ou Nudima, en Berres.
Tres profesores do Losada Diéguez viaxarán o 20 de maio ata Mayotte, onde
continuarán explorando as posibilidades de realizar intercambios de alumnado destes
dous centros.





































