O castelo dos Condes Sarmiento ou Condes de Ribadavia, asentase sobre un pequeno promontorio na orilla do río Avia, en plena vila de Ribadavia, Ourense. A orixe desta vila remontase ate a época prerromana cando alí había un poblado donde hoxe está a fortaleza. Sito nun punto estratéxico para dominar a comarca tamén foi víctima de numerosos ataques polo fácil acceso a él.
Ata o século XV dominaba o lugar unha capela prerrománica, San Xes de Francelos, capela que foi trasladada a outro punto da vila cando se comezou a construir alí o castelo. Dende 1375 , unha casa torre foi habitada por D. Pedro Rúiz Sarmiento, a quen se lle había otorgado o Señorio de Ribadavia por parte de Enrique II de Trastamara. Tras varios anos de construccións, derribos, ataques; un deles protagonizado polo Duque de Lancaster; ou recontruccións, os Condes deciden abandonar o castelo e trasladanse a outra propiedade dentro a mesma vila, comenzando a sufrir a edificación un deterioro importante que comenza no o século XVII. Arquitectónicamente falando, a edificación está asentada sobre rochas, coma moitas construccións do medievo e ten forma polígonal. O acceso o interior faise a través dun arco apuntado que nos leva ata un patio de armas donde hai dous escudos: o da familia Fajardo e o da familia Sarmiento. Nunhas excavación dentro do castelo atopouse unha necrópole que está datada entre os séculos IX-XII; necrópole medieval que se atrubue aos tempos nos que a capilla de San Xes practicaba o culto relixioso. Hai constancia da existencia da torre da homenaxe aínda que hoxe en día quedan restos dunha torre almenada rectangular, e da muralla e camiño que rodean o castelo. No ano 2007, e sendo o castelo de Ribadavia unha edificación moi importante para os habitantes da vila, faise unha restauración do mesmo. Hoxe en día o castelo alberga un modernisimo auditorio.
Ribadavia é moi coñecida polo seu precioso barrio xudeu, donde se poden atopar tafonas nas que se elaboran e comercializan doces seguindo as receitas da epoca xudía. Tamén atopamos varias vinacotecas donde o viño Ribeiro e o protagonista por ser o viño que se cultiva na zona.
No mes de agosto celebrase a FESTA DA ISTORIA, unha festa medieval, na cal a vila se engalana e volta a esa época para darnos a coñecer entre outras cousas as antigas tradicións, a convivencia entre as distintas relixións ou os oficios do medievo. A festa está declarada de INTÉRESE TURÍSTICO NACIONAL.
Voltaremos a Ribadavia para amosarvos fotos do barrio xudeu, das súas igrexas e outros detalles que a vila nos ofrece.
Redacción e Fotografía: Ana Requeijo.