O mellor fútbol gaélico este sábado en Figueroa

1012792_10202885764891656_1376747395_nEste Sábado os equipos dos IRMANDINHOS enfróntanse @s Fillos de Breogan da Coruña, clasificados en 2ª posición tanto en categoría masculina como feminina.

No caso do equipo masculino, teñen que gañar si ou si para desquitarse da derrota sufrida na primeira xornada de liga na Coruña e así subir a 2ª posición e ter opción de disputarlle o título ó Estrela Vemelha primeiro clasificado. Este vai ser un partido a cara can precedido da dureza e da rivalidade do primeiro encontro. Este é un choque entre as escadras máis veterans do Fútbol Gaélico da nosa comunidade e nelas xogan varios dos seleccionados pola selección galega para disputar o mundial de Abu Dhabi, polo tanto un dos mellores partidos para que os espectadores disfruten deste espectacular deporte. 

Por outra banda no encontro feminino sucede totalmente o contrario son as herculinas as que teñen que acadar a victoria se queren seguir a estela das estradenses. As Coruñesas só perderon un partido esta tempada e foi contra o equipo das Irmandinhas A Estrada que conta tódolos partidos como victorias, nesta tempada. Ao igual que o equipo masculino este partido de máxima rivalidade é un dos mellores encontros para ver posto que falamos de xogadoras experimentadas que forman parte da selección galega e que tamen foron alineadas dentro do combinado europeo.

Para este encontro os nosos equipos precisan que Figueroa sexa unha olla a presión polo cal convidamos a todo o público que asista a partir das 20:30 horas e que comparta connosco o terceiro tempo no MESON RESTAURANTE A VILA a partir das 23:15h. CONVIDAMOS ÓS PINCHOS!!!!!

Redacción: Irmandinhos A Estrada

Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta