No medio día de onte membros das escolas deportivas estradenses acompañados da concelleira de educación, Amalia Goldar, e do director da escola de entrenadores de Galiza, Manuel Mosquera, presentaron unha nova convocatoria para un curso de monitor de fútbol base en A Estrada.
Terá lugar entre o 4 de Maio e o 21 de Xuño no edificio de Usos Múltiples, este curso será obrigatorio a partir do vindeiro ano para entrenar calquer equipo de fútbol federado.
O ano pasado xa se tivera lugar este curso no noso concello ao que asistiron 30 alumnos, nesta nova convocatoria para que o curso teña lugar será necesario un mínimo de 15 alumnos inscritos e un máximo de 35.
O prezo de matrícula é de 150€ e poden anotarse na federación ou no concello.






































