“Eu persoalmente considero que hai una enquina do alcalde có centro de saúde da Estrada”, así comezaba o líder da oposición, Xosé Antonio Dono, a comparecencia que facía ante os medios esta mañá para facer balance dos últimos acontecementos da actualidade local. Non se antes lamentar o sucedido no pleno de onte.
Dono lamenta que non se aprobara a moción socialista para arranxar os problemas do centro de saúde. Moción que tiveron que presentar fora da orde do día ao non incluíla o goberno, aínda que fora presentada con tempo suficiente para habela levado a comisión e posteriormente a pleno. Agora solicítalle ao alcalde que xa non a leve a comisión e que destine os cartos que custa a mesma a solucionar algún destes problemas do centro médico, “catro ou cinco obras necesarias e de custe reducido”, algunha das cales custa menos que a comisión, engade.
O líder socialista cre que ao alcalde solo lle gustan as “grandes inversións, obras faraónicas”, pero que xa dixo a conselleira nunha visita que o centro de saúde novo da Estrada non se ía a facer, como deixaba claro nunha visita ao centro na cal indicaba que “sería enganar aos cidadáns dicir que imos facer un centro de saúde na Estrada”, recorda Dono.
Tamén quixo recordar una rolda de prensa do líder popular de hai 4 ou 5 anos prometendo un coche para o traslado de enfermería e que considera que debe estar “no mesmo lugar que estará o novo centro de saúde dentro de cinco anos”, o cal considera unha proba da dubidosa credibilidade do alcalde.
Por outra banda, os socialistas demandaron as facturas correspondentes aos 30.000€ consignados en decembro para a festa do salmón do pasado ano, cando o goberno presume de pagar en 30 días e esta festa foi en Maio.
Dono demanda falta de transparencia e veracidade por parte do goberno local e que é “a súa misión como oposición trasladarlle aos cidadáns o que pasa na realidade”. Ademais do incumprimento de moitas promesas electorais o que votan de menos por parte do alcalde é “a defensa de servizos básicos para os estradenses” como por exemplo o rexistro civil, polo que sí que están loitando outros alcaldes populares.
Por todo isto, Dono denuncia “deixadez das súas función” por parte do alcalde, do mesmo xeito que tampouco fixo nada “polos preferentistas… polos xubilados con recargo de facenda… IBI de Lagartóns… e empresas estradenses que perderon as subcontratas.






































