Manuel Magariños Maceiras (12), José Manuel Blanco Sanmartín (13) e María del Carmen Gaspar Ayude (14) reforzan aos actuais concelleiros nos seguintes postos
Alfonso Rueda e Rafael Louzán acompañarán mañá a José López no acto de presentación da candidatura, que terá lugar no Teatro Principal ás 12.30 horas
O Partido Popular da Estrada concorrerá ás Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio cunha lista encabezada polo actual alcalde, José López Campos, que manterá nos primeiros 11 postos aos candidatos que conseguiron a maioría absoluta en 2011 e que conforman o actual equipo de goberno. En total, a lista incorpora sete caras novas que aportan «ilusión e gañas de traballar para mellorar os resultados conseguidos hai catro anos», segundo explicou José López.
«En 2011 realizamos unha renovación moi importante da candidatura e agora toca darlle
continuidade a un proxecto estable, que aínda ten capacidade de mellora e que ten gañas de seguir desenvolvendo o ambicioso programa de goberno que presentamos en 2011 e que agora imos actualizar e impulsar», salienta José López.
O candidato popular invita a todos/as os/as estradenses a acudir mañá ao acto de presentación desta candidatura, que terá lugar ás 12.30 horas no Teatro Principal e que contará coa presenza do secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, e do presidente provincial do partido en Pontevedra, Rafael Louzán.
1.- José C. López Campos:
• 41 anos
• Alcalde da Estrada / Empregado de banca
• Veciño da Estrada
2.- Alberto Blanco Carracedo:
• 52 anos
• Avogado, farmacéutico e empresario
• Veciño da Estrada
3.- Amalia Goldar Cora:
• 48 anos
• Avogada
• Veciña da Estrada
4.- Juan Constenla Carbón:
• 50 anos
• Funcionario da Administración autonómica
• Veciño da Estrada
5.- Anxos Pais Carbia:
• 34 anos
• Gandeira
• Veciña de San Miguel de Cora
6.- Óscar Rancaño Brañanova:
• 52 anos
• Médico
• Veciño da Estrada
7.- María del Carmen Durán Lea:
• 46 anos
• Traballadora do agro e ama de casa
• Veciña de Santeles
8.- Ismael Pena Villamor:
• 38 anos
• Avogado
• Veciño da Estrada
9.- Lucía Seoane Rosende:
• 35 anos
• Empregada de Correos
• Veciña de Matalobos
10.- Nemesio Rey Pazos:
• 53 anos
• Empresario do sector do moble
• Veciño de Guimarei
11.- Óscar Durán Barros:
• 43 anos
• Empresario
• Veciño da Estrada
12.- Manuel Magariños Maceiras:
• 44 anos
• Encargado nun centro comercial
• Veciño da Estrada
13.- José Manuel Blanco Sanmartín:
• 46 anos
• Funcionario no Concello de Meis
• Veciño da Somoza
14.- María del Carmen Gaspar Ayude:
• 50 anos
• Autónoma (sector da hostalaría)
• Veciña de Codeseda
15.- Nancy Ribadavia Zamar:
• 27 anos
• Enxeñeira Química e traballadora neste sector
• Veciña de Moreira
• Secretaria de Novas Xeracións da Estrada
16.- José Manuel Sueiro Loureiro:
• 42 anos
• Transportista
• Veciño de Ouzande
17.- Gonzalo Louzao Dono
• 21 anos
• Estudiante de Ciencias Políticas
• Veciño de Cereixo
18.- Rocío Blanco Mosquera
• 28 anos
• Traballadora do Concello da Estrada
• Veciña da Estrada
• Presidenta de Novas Xeracións da Estrada
19.- Esteban Tato Peiteado
• 31 anos
• Comerciante
• Veciño de Guimarei
20.- Laura Baliño Gómez
• 44 anos
• Traballadora do Concello da Estrada
• Veciña de Lamas
21.- Solicita Duro Barcala
• 65 anos
• Ama de casa
• Veciña de San Xurxo de Vea
1ºS.- Valentín García Gómez
• 44 anos
• Secretario xeral de Política Lingüística
• Veciño da Estrada
2ºS.- Montserrat Carracedo Goldar
• 45 anos
• Funcionaria da Administración autonómica
• Veciña da Estrada
3ºS.- Luis Rey González:
• 45 anos
• Traballador do sector do transporte
• Veciño da Estrada
PPdeG de A Estrada







































