Na xuntanza celebrada na tarde de onte, venres 18 de abril, móvete aprobou a terceira parte do seu programa que recolle as medidas que desenvolveremos dende o Concello nos próximos catro anos sobre as “Políticas Sociais”.
Para móvete é prioritario que dende o Concello se atendan as demandas que se engloban dentro da área social e que abarcan aos maiores, á infancia, ás persoas con discapacidade, ás persoas que se atopan atravesando por unha situación de dificultade económica, ou de diversa índole.
As propostas que dende móvete levaremos a cabo na próxima lexislatura nesta área de goberno están encamiñadas a garantizar a igualdade e a integración social de todxs os veciñxs de A Estrada.
Principais medidas que desenvolvemos no noso programa na área de “Políticas Sociais”
- Impulsar a creación dunha cooperativa que xestione os servizos sociais como o servizo de axuda no fogar, que atenda as diversas demandas dos usuarios: apoio á hixiene, acompañamento fora do fogar, limpeza, enfermería, estimulación sensorial cognitiva.
- Emprender as medidas necesarias para a creación dun centro de día na “Casa das Colonias”.
- Establecer programas de envellecemento activo.
- Atención á infacia, máis alá do horario da gardería, para conciliar a vida laboral e familiar.
- Servizo de prevención en drogodependencias.
- Talleres de actividades lúdico-festivas como alternativas de ocio.
- Programa de mulleres que sufren violencia de xénero e asistencia piscolóxica tanto para elas, os fillos e outras víctimas.
- Programa de atención para homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.
- Impulsar programas de educación para a saúde dirixidos a enfermos crónicos.
- Eliminar as barreiras arquitectónicas.
- Xestión directa dos impostos municipais.
- Habilitar unha serie de medidas encamiñadas a rematar a precariedade laboral no noso Concello e garantir os dereitos dos traballadores.
Móvete A Estrada






































