Móvete celebra o 17 de maio, día das Letras Galegas, cun acto festivo no que reivindicamos a nosa aspiración a vivir a totalidade das nosas vidas empregando a nosa língua.
O noso compromiso coa língua xira en torno a garantir o pleno exercicio dos nosos dereitos lingüísticos: o galego como língua vehicular na infancia e na mocidade e a súa promoción social.
Móvete organiza o día 17 de maio, a partir das 19;30h, o concerto “móvete polas nosas Letras” na Praza da Feira (zona dos pulpeiros).
En primeiro lugar explicaremos o noso compromiso coa língua galega e as accións que dende o Concello levaremos a cabo para promovela: “Unha língua para gobernar o Concello”.- Actuación de Seve.
- Actuación de Esquíos (presentación do seu novo disco “A Diana Somos Todxs”.
Móvete A Estrada







































