Querémosvos anunciar a excelente noticia do acordo ao que acaban de chegar o Estradense coa directiva do Sporting Estrada para xestionar íntegramente o seu equipo senior.
O acordo, que en principio terá unha duración de dous anos, permitirá que o C.D.Estradense marque as directrices da formación dos xogadores do equipo filial. Do día a día do equipo encargaranse Carlos Rivadulla, que leva como directivo e delegado do Sporting varios anos, e Manuel Angel Porto, directivo do C.D. Estradense e ata agora tamén xogador deste equipo.
O Estradense quere agradecer a toda a directiva do Sporting o seu achegamento e predisposición para axudarlles a dar continuidade ao proxecto que iniciaron fai mais dun ano.
A próxima tarefa, na que xa estan traballando, é pechar un acordo cun adestrador que cumpra as súas expectativas e vexa este proxecto tan atractivo como o ven eles. O que se pretende é unificar a visión e a forma de traballar de ambos equipos co fin de facilitar a adaptación dos xogadores no seu futuro e hipotético pase ao primeiro equipo.
Este proxecto é fundamental para o seu propósito de seguir contando con xogadores da zona. Desde a directiva do C.D. Estradense cren que este é un paso máis para avanzar na idea principal na que traballan, que non é, nin máis nin menos, que darlle a este Club un sentido serio, estable e de futuro, tanto a nivel económico como deportivo.
C.D. Estradense






































