O pasado 10 de Xuño o salón de plenos do consistorio estradense acollía o último pleno da corporación que representou a todos os estradenses durante 4 anos.
Neste acto tamén se despediron 6 membros da corporación estradense, todos eles do partido socialista que apostou pola xuventude para as pasadas eleccións, dos que cabe destacar a dous históricos, Manuel Sanmartín e Manuel Otero Espiño.
José Antonio Dono, que xa anunciara que renunciaría a súa acta ante a incompatibilidade do horario das sesións plenarias co seu traballo, pero sen abandoar a política onde continuará como membro do comité nacional e provincial ata setembro, momento no que decidirá xunto co resto do partido como continuará vencellado ao partido.
Tamén se despediron Mónica Magariños, Germán González e José Antonio Duro, este último ainda membro da actual candidatura socialista.






































