O BNG alerta do deterioro do mobiliario urbano e exixe a súa reparación inmediata

IMG-20150816-WA0008O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, exíxelle ao alcalde da Estrada a reparación inmediata dos numerosos bancos públicos rotos ou en mal estado distribuídos polo casco urbano. “Algúns,” explicou o concelleiro nacionalista, “están tan deteriorados que poden mancar a algún veciño ou veciña”.

“Para evitar males maiores cómpre que o Goberno municipal do PP ordene o arranxo inmediato deste mobiliario”, afirmou Magariños, “mais tamén para non dar unha mala imaxe da vila da Estrada”.

O concelleiro nacionalista amosouse preocupado porque “logo de que o goberno municipal do PP se incrementara os seus salarios, agardaríamos unha maior preocupación polos problemas dos veciños e veciñas”, explicou, “mais seguen instalados no mesmo pasotismo que o anterior goberno municipal, iso si, cobrando máis”.

BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta