
Este mes os nacionalistas estradenses presentaron un boletín informativo, que repartiron pola rúa, e que publicaran mensualmente para trasladarlle a cidadanía o seu traballo no concello.
O boletín denominado “Tes que sabelo!” contou nesta primeira impresión con 500 exemplares en branco e negro para minorar custes. Nesta edición o BNG aborda temas como a seguranza vial, contaminación de ríos, a demanda de apertura do museo Reimóndez Portela e a preparación dun magosto Samaín para o vindeiro 30 de outubro.






































