Archivo de la categoría: Portada
O vindeiro martes coñecerase o gañador do Premio de escrita teatral MOME "Varela Buxán"
O vindeiro martes darase a coñecer o gañador da III edición do Premio de escrita teatral MOME «Varela Buxán» convocado pola Fundación Cultural da Estrada. O xurado, composto polo dramaturgo Roberto Salgueiro, a directora escénica Marta Pazos e o actor e director Xúlio Lago, seleccionará a obra gañadora entre os sete orixinais presentados á concurso. Redacción: Departamento de Cultura
Este luns realizarase unha xuntaza de principio de curso da Escola Municipal de Artes Escénicas
O vindeiro luns 14 ás 20.30 h no Teatro Principal terá lugar a xuntanza de principio de curso da Escola Municipal de Artes Escénicas; un curso que xa comezou este mércores día 9 coa primeira sesión do Grupo de Adultos. A xuntanza, especialmente dirixida aos grupos infantís e xuvenís, estár adicada a coordinar aspectos puramente organizativos (horarios,composición de grupos, profesorado etc.) Nesta mesma liña comentarvos que o vindeiro martes día 15 ás 20.00 h o grupo de adultos da Escola comezará un curso de MONOLOGUISMO impartido por Cándido Pazó que se desenvolverá durante todos os martes do mes de outubro en horario de 20.00 a 23.00 h. O curso ofrece tamén a posibilidade de asistir na modalidade de oínte. Todo aquel interesado en asistir en dita modalidade deberá poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello da Estrada para formalizar a súa inscrición. … Sigue leyendo
Este fin de semana o Agility volve á Estrada
Este fin de semana A Estrada volverá acoller probas de agility, neste caso a competición será de Liga Ibérica de Agility no estadio da Baiuca. Fai un mes no mesmo recinto celebrábase o II Open Ibérico de Agility. Silvia López, … Sigue leyendo
Clara Torres realizou o pasado xoves unha charla sobre nutrición en Santo André de Vea
A asociación de Mulleres Rurais de Santo André de Vea organizou o pasado xoves unha charla de nutrición e bos hábitos alimentarios impartida pola asesora nutricional Clara Torres. Trala charla as asistentes puideron preguntarlle dúbidas e tópicos cos que nos … Sigue leyendo
El patito feo de bombalino y cuchufleta amenizou a mañá dos máis cativos de Oca e o Foxo
A mañá de onte a compañía valenciana de Teatro de Marionetas La Estrella chegaba a Estrada para representar «El patito feo de bombalino y cuchufleta». Nesta ocasión foi o turno dos rapaces dos colexios do Foxo e de Oca os … Sigue leyendo
Unha nova aplicación permitirá aos estradenses denunciar incidencias a través do móbil
Onte foi presentada polo rexedor, Xosé López e o director executivo da empresa eLABORO, Jesús Velasco, unha nova aplicación que xa está dispoñible para baixar de Google Play para móbiles smartphones con sistema Android. O programa é totalmente gratuíto e … Sigue leyendo
Os Irmandinhos únense á recollida de tapóns solidarios para Jose Manuel
Os Irmandinhos faran recollida de Tapóns para Jose Manuel no seu encontro amigable deste sábado e en todos os partidos que dispute como local. Cando se realizan recollida de tapóns para causas solidarias como é o caso do rapaz de … Sigue leyendo



































