Juan Liñares visita o Ceip O Foxo

Juan Liñares é un home de espírito renacentista; moi versátil, moi polifacético… en matemáticas sería como unn prisma con moitas facianas. Veredes, É un dinamizador cultural, desenvolve un imprescindible labor na Asociación Cultural Visra Alegre da Bandeira… Pero é que asemade este persoeiro q temos con Nós transmite sempre, en todas e cada unha das súas cousiñas un profundo Amor ás Artes e á Natureza. É un rapsodo. Un recitador de poesía (como logo comprobaredes) Xenial! Bonsais+Poesía+Pintura… E como Na escola do Foxo coidamos o noso!! É a persoa idónea para rematar este trimestre con natureza, poesía e cadros da súa autoría….


Publicado en Portada | Deja un comentario

O Principal acollerá entrega do XXVIIpremio de poesía Avelina Valladares aManuel López na XVII Festa da Poesía

 O noiés recibirá este distintivo por terceiro ano consecutivo grazas
á súa obra ‘Fíotaxidermista’.
 O acto, aberto ao público, terá lugar este xoves, 14 de decembro, a
partir das 20:30 horas.

O Concello da Estrada celebrará este
xoves, 14 de decembro, a XVII Festa da Poesía coa entrega do XXVII premio
de poesía ‘Avelina Valladares’ a Manuel López Rodríguez.
O noiés revalida este galardón por terceiro ano consecutivo grazas ao seu
poemario ‘Fíotaxidermista’, do cal o xurado destacou no momento da
deliberación destacou “o seu realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e
o hopperismo”.
Tamén se indica que “no seu simbolismo metafórico atopamos unha
acentuación atinada”. Do mesmo xeito, destacaron que “utiliza o recurso de
falla de artigo” e fan fincapé na derradeira, que se presenta “como un poema
resumo, no que a percepción xeral de todo o poemario é o misterio como
estratexia poética”.
O acto, programado para as 20:30 horas no Teatro Principal será de acceso
libre para todas as persoas que desexen asistir.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada aproba a concesión de 67axudas á escolarización, máis do 70% das solicitudes presentadas.

 En total recibíronse un total de 91 solicitudes das cales foron
aprobadas 67 mentres que as 24 non concedidas debéronse a erros
no prazo, renuncias expresas e exceso nos ingresos.
 De acordo ás previsións, poderíanse acadarse os 35.000 euros en
axudas.

O Concello da Estrada aprobou a
concesión de 67 axudas á escolarización correspondentes ao actual curso
escolar 2023-2024, case tres cuartas partes do total de solicitudes
presentadas.
Durante a presente convocatoria concorreron un total de 91 solicitudes, das
cales as 24 que non foron aprobadas debéronse a erros cos prazos
estipulados, a renuncias expresas das persoas solicitantes ou a excesos na
cantidade de ingresos requirida para poder optar ás axudas.
En total son 35 as familias beneficiarias da axuda por material escolar e
comedor escolar, polo que conforme ás previsións, poderíanse acadar os
35.000 euros en axudas, aproximadamente, acadando as axudas concedidas o
pagamento do 30% ,50% e 75% do gasto xustificado de comedor escolar.
Nalgúns casos poderían acadarse contías ao redor de mil euros por unidade
familiar no caso de que houbese varios irmáns escolarizados dentro da mesma.
A concelleira de Educación, Amalia Goldar, indica que a través desta liña de
axudas búscase “incentivar un servizo de vital importancia como o é a
educación, promovendo a través das mesmas unhas condicións máis
igualitarias, independentemente da situación de cada familia”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada despedirá o 2023 coa XIII SanSilvestre e a II San Silveira, ambas en favor de Cáritas

 O prazo para inscribirse tanto na XIII San Silvestre como na II San
Silveira que se disputarán o vindeiro 31 de decembro estará aberto
desde este xoves ata o 27 de decembro.
 Ambas probas son de carácter benéfico e non competitivo, e as
persoas que desexen participar deberán entregar un quilo de
comida non perecedoira no momento da retirada do dorsal.

O Concello da Estrada programa unha
dobre sesión deportiva para despedir o ano 2023 con actividade física e
solidariedade.
Deste xeito, o día 31 de decembro abrirá coa II San Silveira, unha subida BTT
ao Monte Cabalar programada para dar comezo ás 09:30 horas desde a praza
do Concello. A actividade, catalogada de dificultade media, terá un percorrido
de 20 quilómetros e a idade mínima para participar é de 10 anos, debendo
estar acompañados os menores por un adulto durante o transcurso da mesma.
No alto do Monte Cabalar haberá avituallamento con chocolate e churros para
as persoas asistentes.
O mesmo día, a partir das 16:00 horas, dará comezo a recollida de dorsais
para a XIII Milla San Silvestre Estradense. A proba discorrerá nas categorías
de pitufos, con inicio ás 17:00 horas e un percorrido polas inmediacións da
praza da Feira.
Pola súa parte a categoría prebenxamín ata infantil correrá por un circuíto
urbano con saída desde a praza do Concello, pasando pola rúa Serafín Pazo,
praza da Farola, rúas Calvo Sotelo, Castelao e Irida, e chegada de novo ao
punto de comezo. O percorrido terá unha distancia de 800 metros e darase
unha soa volta ao mesmo.
Os participantes na carreira de cadetes ata veteranos realizarán o mesmo
traxecto, ao cal deberán dar 2 voltas, elevando a distancia a 1.6 quilómetros.
Ao rematar todas as carreiras das distintas categorías, realizarase o sorteo dos
agasallos segundo o número de dorsal. Para participar nos sorteos dos
agasallos que se farán na chocolatada é obrigatorio levar o dorsal visible.
Ademais, todos os participantes poderán gozar da degustación de chocolate

 

quente e produtos de repostería nos soportais do Concello, e premiaranse
tanto o disfrace máis orixinal como o grupo máis numeroso co mesmo disfrace.

Recollida de alimentos para Cáritas
A recollida dos dorsais para ambas actividades deberá ser precedida da
doazón dun quilogramo de alimentos non perecedoiros que serán destinados a
Cáritas Parroquial A Estrada, dentro da Operación Quilo de Nadal 2023.
As inscricións serán de balde e poderán realizarse ata o vindeiro 27 de
decembro a través da web www.emesport.es.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta investirá arredor de 1 M€ na rehabilitación do Colexio CEIP Pérez Viondi da Estrada

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou esta mañá o Colexio CEIP Pérez Viondi, na Estrada, onde anunciou que a Xunta vai investir arredor de 1 M€ na rehabilitación deste centro. “Un investimento que se suma aos 2 M€ que xa temos investido desde 2009 neste colexio en obras como a ampliación realizada hai unha década”, destacou.

Tal e como explicou o titular do departamento educativo do Goberno galego, neste momento estase a redactar o proxecto para a rehabilitación do Pérez Viondi. “A previsión é que o proxecto estea rematado e supervisado no segundo trimestre de 2024, e a licitación da obra tamén nesas mesmas datas”, detallou.

Esta nova intervención enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a adaptar as instalacións dos centros educativos galegos ás necesidades do século XXI, entre elas á necesidade de que sexan edificios máis sostibles e respectuosos co medio ambiente. “Isto redunda, ademais, nunha mellora no día a día de alumnos e docentes, que gozan dun maior confort térmico”, salientou o conselleiro.

Non en balde, a falta de concretala co proxecto, a intervención incluiría actuacións en materia de eficiencia enerxética, con obras sobre as fiestras, as cubertas e as luminarias, e de mellora da accesibilidade.

Investido 9 M€ desde 2009

“Esta actuación vai elevar a case 9 M€ o investimento en melloras en colexios e institutos do concello da Estrada desde 2009, con actuacións de tanto calado como a ampliación deste centro ou o novo edificio de talleres que estamos a acometer no Instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, cun investimento de máis de 3 M€”, afirmou Román Rodríguez.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Concello e ACOE dinamizarán o Nadalestradense con numerosas actividades emáis de 20.000 euros en premios

 A programación desenvolverase desde o 19 de decembro ata o 5 de
xaneiro, data da tradicional cabalgata de Reis.
 O alumeado está previsto que sexa inaugurado o vindeiro martes, 5
de decembro, ás 18:30 horas.
 Ademais a ACOE, sorteará agasallos valorados en máis 20.000
euros entre as persoas que fagan unha consumición de 20 euros
nos comercios adheridos.

O Concello da Estrada e ACOE
presentaron esta mañá a programación de actividades coas que dinamizar a
actividade cultural e comercial durante este Nadal.
Os edís, Juan Constenla e Óscar Durán, acompañados polo secretario de
ACOE, Jorge Fuentes, foron os responsables de despezar a ampla gama de
propostas que terán lugar desde o vindeiro 19 de decembro ata o 5 de xaneiro.
Deste xeito, a V Gala do Deporte, programada para o 19 de decembro ás 20:00
horas no Teatro Principal dará comezo á programación de Nadal. Un día máis
tarde, o 20 de decembro, celebrarase o Concerto de Nadal da escola da banda
no Teatro Principal ás 19:00 horas.
O 22 de decembro haberá pasarrúas con Brassica Rapa a partir das 18:30
horas na rúa Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta e Concerto de Nadal do
Obradoiro Carlos Barruso no Teatro Principal ás 20:30h
O 23 de decembro haberá animación da man de ‘Os Piñeiriños’ na rúa Principal
e Sala Abanca ás 18:30h e un novo Concerto de Nadal, desta vez por conta da
Coral Polifónica Estradense no Teatro Principal ás 20:30 horas.
O día de Noiteboa, 24 de decembro, Papá Noel percorrerá as rúas estradenses
desde as 18:00 horas.
O 26 de decembro terá lugar a presentación da Miscelánea no MOME ás 20:00
horas e De Cotío Gaiteiros animará o serán na rúa Principal desde as 18:30
horas.
A actuación de Moa Quinteto na Prazoleta ás 18:30 horas e a representación
de Os 3 Porquiños, de Educa Teatro, no Teatro Principal ás 17:30 e 19:30
horas serán os animadores do 27 de decembro.

Pola súa parte, o 28 de decembro, a diversión virá da man de Filipa co Nadal,
de Bandullo Azul na rúa Principal ás 18:00 e con Ce Orquestra Pantasma na
rúa Principal, Sala Abanca ás 19:00 horas.
O 29 de decembro haberá dobre ración de actividades con O dentista, de
Troula animación, na rúa Principal ás 18:30 e O Apalpador, de Os Monifates,
na Prazoleta ás 19:30 horas.
O día 30 de decembro Fanfarria Taquikardia estará na rúa Calvo Sotelo,
Serafín Pazo e Prazoleta ás 18:30 horas e o 31 de decembro A Estrada
despedirá o ano con deporte da man da San Silveira BTT, con saída dende a
Praza do Concello ás 09:30 e coa popular carreira de San Silvestre, ás 17:00 h
no Concello.
O 2 de xaneiro daráselle a benvida ao novo ano con Galega de Bailables, na
Prazoleta, ás 18:30 e coa obra Cuento de Navidad, no Teatro Principal, ás
17:30 e ás 19:30 horas.
Pola súa parte, o 3 de xaneiro, haberá un Obradoiro de música tradicional na
rúa Ulla ás 18:30 horas, mentres que o día seguinte, 4 de xaneiro, o público
poderá goozar con Paxes Reais, de Troula animación, na rúa Calvo Sotelo,
Serafín Pazo e Prazoleta ás 18:30 horas e con Fartura de Nadal, de
Rilo&Penadique, na rúa Principal, Abanca, ás 18:30 horas.
O véspera de Reis, 5 de xaneiro, as súas Maxestades de Oriente farán a súa
cabalgata pola Estrada desde as 18:00 horas.

Sorteos de agasallos por un valor de máis de 20.000 euros
O secretario de ACOE, Jorge Fuentes, sinalou que este ano sortearanse
premios por un valor superior aos 20.000 euros, cos que o Concello colabora a
través dunha aportación extraordinaria a ACOE, entre os consumidores dos
negocios locais. Polo tanto as persoas que realizan unha compra de 20 euros
recibirán unha participación enviando unha fotografía lexible do ticket por
Whatsapp ao número 613 885 082. Na imaxe debe verse o nome do local, o
importe e a data de compra.
Os premios incluirán un Audi A1 seminovo, que permanecerá exposto na praza
do Concello, unha viaxe valorada en 1.000 euros, escoba aspiradora con
autovaciado, un iPhone14, un portátil gaming, unha Nintendo Switch, un carro
da compra valorado en 300 euros, unha tarxeta de combustible valorada en
300 euros e dúas cestas de nadal valoradas cada unha delas en 600 euros.
Tamén se habilitará unha ludoteca para os máis cativos no segundo andar do
novo mercado e presentando os recibos de compra faranse descontos nas
entradas tanto a este espazo como ao parque de Nadal que se instalará na
Alameda.

Ademais, o concelleiro, Óscar Durán, adiantou que a previsión é que o
alumeado de Nadal sexa inaugurado este vindeiro martes, 5 de decembro, a
partir das 18:30 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

OConcello aboga pola prudencia nos próximos procedementos logo da suspensión cautelar do parque eólico Campo das Rosas

O Concello da Estrada cursara un recurso conxuntamente con Cerdedo – Cotobade e Campo Lameiro, localidades en cuxo termo municipal se instalaría oparque eólico.
AEstrada, 29 de novembro de 2023 – OConcelo da Estrada solicita prudencia e sensibilidade logo da suspensión cautelar da execución do acordo através do cal o goberno autonómico concedia a Naturgy Renovables SLU a autorización administrativa previa e de construción do parque eólico Campo das Rosas, confirmada durante o día de onte por parte do Tribunal Supremo de Xustiza de Galicia.
O futuro parque eólico afectaría aos termos municipais dos Concellos da Estrada, Cerdedo – Cotobade e Campo Lameiro, localidades que cursaron de forma conxunta un recurso en contra da súa edificación.
Desde o goberno local valoran esta medida adoptada polo TSXG xa que construción deste espazo enerxético afectaría ao hábitat principal das eguas e cabalos que concorren na Rapa da Bestas, Festa de Interese Turístico
Internacional e un dos eventos máis arraigados na cultura estradense. Sinalan que esta medida «supón un reforzo á defensa do noso medio natural e do noso patrimonio» e agardan que a través desta suspensión «os organismos competentes poidan traballar con maior cautela e adoptar as medidas que permitan asegurar mellor a preservación da contorna e de todos os elementos que a integran».

Publicado en Portada | Deja un comentario